Teatro e Maxia [2009]

 

Desde do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol tivo lugar no ano 2009 o espectáculo de maxia : “Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca, da Secretaría Xeral De Política Lingüística,promovido en colaboración con Edicións Xerais.
 
O alumnado do último ciclo de Primaria foi o destinatario do espectáculo de teatro e maxia Amancio Amigo e o Meigo de Salamanca”,de Cali O Mago, baseada na obra do mesmo nome do escritor Xosé Miranda.
 

Asistiron 600 alumnos e alumnas dun total de once centros de ensino de Ferrol a esta representación no Teatro Jofre o día 27 de outubro, con dous pases, un ás 09.30 e outro ás 12.30 horas. Promoveuse a animación á lectura en galego e o achegamento á arte da maxia aos máis novos desde a nosa lingua e na nosa lingua.