Ponte nas ondas. Espectáculo teatral e musical

Os catro da Xunqueira

 

O Departamento de Normalización Lingüística ofrécelles aos centros de ensino de educación primaria o espectáculo teatral  Os catro da Xunqueira, dirixido ao alumnado de 2ª e 3ª ciclo de educación primaria
 
Os catro da Xunqueira é un espectáculo didáctico e interactivo que integra teatro, música, danza, acrobacia, monicreques e malabares coa participación activa do público. Esta actividade é coproducida por Limiar teatro, MAO e Agadic a través do Centro Dramático Galego, no programa de cooperación transfronteiriza Creativa promovido dentro do XV aniversario de Ponte nas Ondas.
 
A representación terá lugar o Teatro Jofre, o vindeiro 29 de abril, con dúas sesións, dunha hora de duración. unha ás 10.30  h e outra ás 12.30 horas. Para a primeira das sesións están xa inscritas 282 persoas e para a segunda das sesións 288.
 
Os centros de ensino que participarán na actividade son: CPR Sagrado Corazón, CEIP Recimil, CEIP Cruceiro de Canido, CPR Compañia de María, CPR Tirso de Molina, CPR Ludy, CPR Valle Inclán, CPR San Rosendo, CEIP A Laxe, CEIP Esteiro, CEIP Ponzos, CEIP Juan de Lángara, CEIP Manuel Masdías e CPR Santa Xoana de Lestonac.
 
Máis información