Pequena longa lingua

 

Pequena longa lingua foi un proxecto promovido polo Concello de Ferrol no ano 2009, desde o seu departamento de Normalización Lingüística, co obxectivo de contribuír a que as escolas infantís da nosa cidade sexan tamén espazos educativos galegos con identidade propia.
 
Obxectivos xerais
  • Fomentar a presenza da lingua galega desde a etapa preescolar (0-3 anos).
  • Contribuír á creación de espazos educativos galegos.
  • Valorar a interculturalidade desde o contexto lingüístico máis próximo e propio.
  • Divulgar entre os formadores das escolas infantís recursos pedagóxicos en galego
  • Valorar o importante labor normalizador para o futuro do galego dos traballadores e traballadoras das escolar infantís.