Festival A Mocidade coa Lingua

Unha nova edición

Un novo ano terá lugar neste mes de maio unha nova edición do Festival A Mocidade e a Lingua.

No Parque Raíña Sofía, o día 18, ás 10.30 da mañá.  Tedes unha cita coa lingua, a música e a diversión!                                  

 


O Festival

O festival ten como obxectivo a activación da capacidade creativa a través da propia lingua e da música. O proxecto naceu nos centros de ensino secundario da cidade. É unha actividade en colaboración coa Coordinadora de Equipas.
 
Desde a creación do GNL pasou a organizalo o Concello de Ferrol. Os grupos ou solistas que participen deben interpretar dúas pezas musicais orixinais. A letra dunha das composicións será de autoría propia e a outra un poema musicado dun ou dunha poeta galega.
 
 
Os centros participantes comprométense a desenvolver esta actividade en dúas fases: nos centros e intercentros. Só un grupo ou solista por centro pode pasar á fase intercentros . Finalmente celébrase un concerto nun espazo público no que un xurado decide os tres grupos ou solistas gañadores.