Deporte e lingua

 

As entidades deportivas que se activaron ao redor dos grupos de traballo do PNLF propuxeron diferentes actividades ao longo do ano 2009.
 
Algunhas destas actividades xa se foron poñendo en marcha ao longo do ano, outras están en preparación para iniciarmos un outono cheo de lingua e deporte.
 
Entre as actividades xa postas en marcha en 2009 temos que destacar o curso que se organizou coa participación de diversas entidades deportivas: Recursos lingüísticos na Rede para entidades deportivas.
 
A partir da web da Deputación da Coruña http://www.recursosparaogalego.com desenvolvemos unha iniciativa de modernización, reciclaxe e actualización a través dos recursos para a lingua que hoxe temos á nosa disposición na rede e nas TIC.
 
O obxectivo era achegar as ferramentas e os recursos máis útiles ás diferentes entidades deportivas que queren mellorar a lingua, utilizar ferramentas de lingua, usar recursos; e así incrementar a difusión da actividade deportiva ao carón do impulso da propia lingua.