Creando Hip-Hop

 

Desde do departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol ofrécese, en colaboración da Secretaría Xeral De Política Lingüística e da editorial A Nosa Terra, o programa Creando hip hop, unha actividade dirixida a mozos e mozas de 15 e 16 anos, a través da cal se procura que o galego estea presente naqueles espazos culturais máis atractivos para a mocidade.
 
A actividade desenvolveuse o martes 10, de 17.15 a 18.10 no IES Sofía Casanova e o martes 17 de novembro, no mesmo horario, no IES Saturnino Montojo, os dous centros que colaboraron na organización deste programa.
 
O alumnado de 4º da ESO foi o destinatario destes obradoiros, que estiveron dirixidos pola cantante AID, co apoio dunha graffiteira e un bboy (bailarín)
 
Durante o obradoiro aprendéuselles aos mozos e mozas como se crean rimas, como esas rimas con música se converten en cancións e como esas cancións se converten en debuxos. A cantante AID interactuou cos mozos e mozas para crear novas cancións que foron interpretadas ao tempo que se creaban. Acompañando ás cancións o bboy bailou con estilos moi achegados ao hip hop (break, dance…) e unha graffiteira realizou debuxos que facían referencia ás rimas e cancións que estaban a interpretar a cantante e os participantes do obradoiro.