As receitas gañadoras do II Concurso de Receitas 2011

O xurado, tras unha difícil selección,  acordou que as  catro receitas gañadoras son:


Modalidade de carne: Emparedados de carne e queixo, Aurora Varela Caabeiro.


Modalidade de peixe: Rolo de bonito,  Adela López Lagares.


Modalidade de outros : Arroz con polbo, Sonia Rodríguez Varela.


Modalidade de sobremesa: Bola de mazá con crema de vainilla, limón e canela, Reyes Rosas Alonso.

Como  indicabamos nas bases do concurso, o Concello edita unha pequena publicación que  recolle todas as receitas presentadas ; esta publicación presentarase na entrega premios do II Concurso de Receitas En galego con moito gusto,  que terá lugar o vindeiro mércores. 18 de maio,  ás 18.00 horas no salón de recepcións da  Casa do Concello.
 
Ademais desta publicación para distirbuír entre a clientela dos mercados, editarase tamén un cuadríptico coas catro receitas gañadoras para unha difusión masiva nos mercados.
 
As persoas premiadas recibirán un lote de libros e un bono de 60€ para gastar en calquera dos dous mercados que colaboran no concurso. Todas as persoas particpantes recibirán como agasallo un libro conmemorativo de Ferrol.
 
Neste concurso  colaboración a Asociación de Vendedores do Mercado de Recimil, a Asociación de Vendedores do Mercado da Magadlaena e a Asociación de E mpresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.
 

 

Concurso de receitas

 

Modalidade de carne: Empanada de polo e arroz, de Aurora Varela Caabeiro (Ferrol)
 
Modalidade de peixe: Bacallau con mazás, de Reyes Rosas Alonso (Ferrol)
 
Modalidade de outros: Macedonia de legumes ao queixo, de Sonia Rodríguez Varela (Ferrol)
 
Modalidade de sobremesa: Brazo de xitano con filloas, de Angeles Teijeiro García (Fene)
 
Podes descargar o libro de receitas En galego con moito gusto con todas as que se presentaron ao concurso.
 
 
En galego de película, entrega de premios
 
En galego de película, entrega de premios
 
En galego de película, entrega de premios
 
En galego de película, entrega de premios