Activamos os mercados municipais

 

Do proceso iniciado en 2008 naceu tamén a proposta de achegármonos aos diferentes axentes sociais que fan posible a vida ao redor dos mercados municipais.
 
No ano 2009 iniciamos os contactos cos diferentes mercados municipais da cidade para comezar co deseño de diversas actividades que no pasado outono encheron os nosos mercados de vida coas nosas accións para a lingua.