Apertura do prazo de inscrición ao curso de Competencia matemática nivel 2.

Venres, 15 de outubro de 2021
Dende o día 18/10/2021 ata o 26/10/2021 (ambos inclusive)

O curso de competencia matemática nivel 2 terá continuidade no 2022 coa convocatoria das outras dúas competencias básicas: Lingua castelá nivel 2 e lingua galega nivel 2. Estes cursos diríxense a persoas en situación de desemprego que carecen da formación en ESO ou equivalente, e a súa superación permítelles acceder aos cursos de formación ocupacional para persoas desempregadas con certificado de profesionalidade de nivel 2, que representan a maior parte da oferta formativa.

Este curso desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol en horario de mañá de 9:00h a 14:00h, de luns a venres, dende o 08/11/2021 ata o 17/12/2021.

Documentación a presentar: 
  • Ficha de inscrición do curso (DESCARGAR ou recoller no Centro de Emprego) asinada pola persoa solicitante. 
  • Copia DNI/NIE 
  • Copia Tarxeta demandante de emprego 
  • Curriculum Vitae

Máis información e inscricións:
981944195
emprego@ferrol.es


Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo Ministerio de Traballo, e Economía Social, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego