Apertura do prazo de inscrición ao curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Venres, 15 de outubro de 2021
Dende o día 18/10/2021 ata o 26/10/2021 (ambos inclusive)

O curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais ten certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para o acceso a este é necesario contar con algunha das seguintes: titulación de ESO (ou titulacións equivalentes), as competencias clave de nivel 2, ou estar en posesión de certificado de profesionalidade de nivel 1 na mesma familia profesional.
Superar esta formación permite traballar en centros de día, residencias de persoas maiores, residencias de persoas con discapacidades, e outros equipamentos similares.

Este curso desenvolverase no Centro de Emprego do Concello de Ferrol en horario de mañá de 9:00h a 14:00h, de luns a venres, dende o 08/11/2021 ata o 30/03/2022.

Documentación a presentar: 
  • Ficha de inscrición do curso (DESCARGAR ou recoller no Centro de Emprego) asinada pola persoa solicitante. 
  • Copia DNI/NIE 
  • Copia Tarxeta demandante de emprego 
  • Curriculum Vitae 
  • Copia da titulación requirida de acceso Nivel 2


Máis información e inscricións:
981944195
emprego@ferrol.es


Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Emprego e Igualdade, polo Ministerio de Traballo, e Economía Social, e polo Ministerio de Educación e Formación Profesional.


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego