Que é Ferrol Emprego Xuvenil?
É un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, destinado a promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación de actividades de orientación e información laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas profesionais. Incluíndo tamén actividades de prospección empresarial e intermediación laboral.
Obxectivos:
- Mellorar a empregabilidade e a formación en competencias profesionais das persoas novas do Concello de Ferrol.
- Promover a integración das persoas novas no mercado de traballo, en sectores con oportunidades de creación de emprego.
Destinatarios/as e requisitos de acceso:
Mozos e mozas de 16 a 29 anos, empadroadas no Concello de Ferrol, en situación de desemprego e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e non integradas en ningún sistema de educación e formación.....
Actividades do proxecto:
O proxecto Ferrol Emprego Xuvenil, comprende cinco itinerarios formativos, que poderán contar cun máximo de 15 persoas participantes en cada un, e que son:
- Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas) (Nivel 2)
- Auxiliar de cociña e restauración (605 horas) (Nivel 2)
- Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas) (Nivel 2)
- Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas) (Nivel 2)
- Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas) (Nivel 1)
Nivel profesional dos itinerarios: Nivel 2 (para xoves con estudos rematados de: ESO, competencias claves, ou acceso a ciclos formativos de nivel medio), agás o itinerario de Auxiliar de comercio, almacén e loxística, que será de Nivel 1 (para xoves que non teñan rematada a ESO).
- Formación transversal e complementaria en: novas tecnoloxías, inglés, igualdade, manipulación de alimentos e prevención de riscos laborais.
- Titorías e orientación.
- Prospección de empresas e intermediación laboral para a inserción: Contacto con empresas para prácticas, envío cv a empresa (autocandidaturas e ofertas concretas)
Información e entrega de documentación:
- CENTRO DE EMPREGO - CONCELLO DE FERROL
- Equipo técnico do proxecto Ferrol Emprego Xuvenil
- R/Sagrada Familia 56 15405 Ferrol
- tlf: 981944195
- correo-e: ferrolex@ferrol.es
Inscrición:
- Ficha de inscrición dispoñible no Centro de Emprego, ou na ligazón: FICHA
Documentación a entregar:
- Ficha de inscrición cuberta.
- Fotocopia de DNI/NIE.
- Tarxeta de demanda de emprego.
- Curriculum Vitae.
- Certificado de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.