Proxecto Ferrol Emprego Xuvenil, dirixido a persoas en situación de desemprego inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Luns, 16 de outubro de 2017
Contará con cinco itinerarios formativos: Persoal experto en atención sociosanitaria a persoas nos domicilios; Auxiliar de cociña e restauración; Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos; Especialista en preparación e venda de peixe fresco; e Auxiliar de comercio, almacén e loxística.

Durante todo o 2018, desenvolverase o proxecto Ferrol Emprego Xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.

Este proxecto esta dirixido a persoas que cumpran, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Persoas menores de trinta anos
  • Figurar insrito no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
  • Atoparse en situación de desemprego, e inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que ten como obxectivo facilitar o acceso dos mozos/as con menos de 30 anos ao mercado de traballo. Para ser beneficiario da Garantía Xuvenil débense cumprir os requisitos establecidos e acceder ao ficheiro do Sistema de Garantía Xuvenil para inscribirse:

 http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

Actividades do Proxecto:

O proxecto Ferrol Emprego Xuvenil comprende varias actividades: formación, práctica profesional, tutorías, e orientación laboral. Estas actividades se desenvolven ao longo de cinco itinerarios formativos, que poderán contar cun máximo de 15 persoas participantes cada un, e que son:

  • Itinerario 1. Persoal experto en atención sociosanitaria a persoas no domicilio. Cunha duración total de case setecentas horas.

    Ferrol Emprego Xuvenil

  • Itinerario 2. Auxiliar de cociña e restauración. Con máis de seiscentas horas de duración total.

    Ferrol Emprego Xuvenil

  • Itinerario 3. Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos. Cunha duración total de máis de cincocentas horas.

    Ferrol Emprego Xuvenil

  • Itinerario 4. Especialista en preparación e venda de peixe fresco. Cun total de máis de cincocentas horas de duración.

    Ferrol Emprego Xuvenil

  • Itinerario 5. Auxiliar de comercio, almacén e loxística. Con case seiscentas horas de duración total.

    Ferrol Emprego Xuvenil

Cada un destes itinerarios poderá contar con requirimentos específicos en materia de formación, e terá un procedemento de selección do que se dará información na web do centro de emprego do concello de ferrol.

Se estás interesado/a en participar neste proxecto confirma a túa inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Para máis información sobre este proxecto ou como inscribirse no dito ficheiro de Garantía Xuvenil pode dirixirse ao Centro de Emprego do Concello de Ferrol (R/Sagrada Familia) ou chamar ao teléfono 981 94 41 95.



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego