O Concello de Ferrol, a través do Centro de Emprego, organiza obradoiros para a elaboración do Curriculum Vitae e para a preparación de procesos de selección de persoal.

Sábado, 10 de maio de 2014
Este programa esta cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña.

O curriculum vitae é un elemento esencial na busca de emprego xa que debe espertar interese na persoa que o recibe. Moitos dos que se presentan no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, non acadan un nivel adecuado, polo que se fan necesarias accións que ensinen ás persoas demandantes de emprego a realizar este documento, e a enfocalo específicamente a cada tipo de oferta. Do mesmo xeito o proceso selectivo é unha fase clave na procura de emprego, polo que é necesario ter unha idea clara de como afrontar a mesma, que probas pode incluir, etc...

Estes obradoiros se realizarán no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e estan dirixidos a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.

Prazas limitadas, máximo 20 persoas.

Os dous obradoiros serán:
Elaboración de Curriculum Vitae
Preparación de procesos de selección de persoal

Terán unha duración de 15 horas cada un, repartidas en diversas sesións, que terán un carácter práctico co obxectivo de mellorar as posibilidades de empregabilidade das persoas beneficiarias.

Documentación a presentar:
- Ficha de solicitude 

- Copia do CV

Cofinancia Deputación da Coruña



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego