Pechado o prazo de inscrición no curso de Caixeiro/a-Repoñedor/a.

Sábado, 10 de agosto de 2013
Especializado en superficies comerciais. Prazo aberto ata o 16/08/2013 (inclusive), as solicitudes deberán presentarse no Centro de Emprego, xunto coa documentación requirida.

Descrición:
Duración: 150h (24 horas teoría, 126 horas prácticas)
Horario: mañá e/ou tarde, 6 horas/día
Prazas: 60
Lugar de realización: Centro de Emprego (teoría), Centros de Traballo (práctica)

Persoas destinatarias: Persoas desempregadas inscritas como desempregadas no Servizo Público de Emprego de Galicia.
Formación mínima: Graduado en ESO Graduado escolar

Prazo de presentación de solicitudes ata o 16/08/2013 (inclusive)
Lugar e horario de presentación de solicitudes: Centro de Emprego do Concello de Ferrol de 9,00 a 13,30h de luns a venres.

Documentación a presentar:
Formulario de solicitude (modelo na web www.ferrol.es/emprego ou recoller no propio centro)
Copia do DNI/NIE
Copia actualizada tarxeta demandante de emprego
Acreditación do nivel formativo (copia)
Curriculum Vitae actualizado.
Toda a información facilitada polas persoas solicitantes deberá poder ser acreditada en calquera momento do procedemento de selección.

DESCARGAR FICHA

Máis información:
www.ferrol.es/emprego
emprego@ferrol.es
Centro de Emprego do Concello de Ferrol. R/Sagrada Familia 56 - 15405 Ferrol
Teléfono 981944195


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego