O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, presidiu o xoves día 11 a inauguración das Xornadas de Motivación para o Emprendemento e o Acceso ao Financiamento que se celebraron ata o venres 12 no Centro Municipal de Emprego.

Martes, 16 de xullo de 2013
Rey Varela estivo acompañado neste acto polo presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso, e pola concelleira de Emprego do Concello de Ferrol, Martina Aneiros Barros

Estas Xornadas se organizaron conxuntamente coa Deputación da Coruña, e nas mesmas colaboraron o Igape, AJE Ferrolterra, e Afigal.
Arredor de 80 persoas participaron nestas xornadas de carácter gratuíto que tiveron por obxecto fomentar o emprendemento e dar a coñecer as axudas dispoñibles para a posta en marcha de novos proxectos empresariais. Así, os asistentes a este seminario abordaron o xoves día 11 aspectos xerais do emprendemento, como a motivación e a idea empresarial; e unha das fases máis importantes do proceso de emprender un proxecto empresarial: a elaboración do plan de empresa. Na xornada do venres, que contaron coa colaboración do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), a Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra (Aje) e a sociedade Afianzamentos de Galicia (Afigal), realizouse un percorrido sobre as axudas existentes para persoas emprendedoras e as fontes de financiamento que poden apoiar a posta en marcha dun proxecto empresarial.

Os relatorios das xornadas se poden descargar nas seguintes ligazóns:
MOTIVACION EMPRESARIAL
FERNANDO PIÑEIRO ADL DEPUTACION A CORUÑA


A IDEA EMPRESARIAL e o PLAN DE EMPRESA: EMPRENDEDOR, MERCADO, ECOFIN
FERNANDO GONZALEZ TRUQUE DIRECTOR UPD DEPUTACION CORUÑA  (7Mb)
LUIS G. REY (ERROR! Ferrol) 

AXUDAS A EMPRENDEDORES.
FERNANDO PIÑEIRO ADL DEPUTACION A CORUÑA


AXUDAS DO IGAPE.
BELÉN FERNÁNDEZ REBOLLEDA. RESPONSABLE ZONA NORTE IGAPE
 (2Mb)

PRESENTACION CONVENIO DIPUTACION-EOI: A FACTORÍA DE INNOVACIÓN DA CORUÑA E A CAPTACIÓN DE EMPRESAS
MÓNICA LÓPEZ SANTIAGO

PRÉSTAMOS PARTICIPATIVOS ENISA 2013.
LAURA PÉREZ, XERENTE AJE FERROLTERRA 
(3Mb)

AVAIS E PRODUCTOS DE FINANCIAMENTO DE AFIGAL.
RUBÉN IGLESIAS. XEFE DE ZONA A CORUÑA-FERROL
 (4Mb)


Organizan:

organizan



Colaboran:

colaboran



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego