AMPILADO o prazo de inscrición nos obradoiros para a elaboración do Curriculum Vitae e para a preparación de procesos de selección de persoal.

Venres, 21 de xuño de 2013
Este programa esta cofinanciado pola Deputación Provincial da Coruña. Realizarase no Centro de Emprego.

Estes obradoiros se realizarán na segunda quincena do mes de xuño e primeira do mes de xullo no Centro de Emprego do Concello de Ferrol, e estan dirixidos a persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia. e terán preferencia:

  • Persoas empadroadas no Concello de Ferrol
  • Persoas usuarias dos servizos do Centro de Emprego do Concello de Ferrol.

Prazas limitadas, por orde de inscrición.

Os dous obradoiros serán: 

  • Elaboración de CV
  • Preparación de procesos de selección de persoal

Terán unha duración de 15 horas cada un, repartidas en diversas sesións, e nos mesmos participarán como máximo 15 persoas. As sesión terán un carácter práctico co obxectivo de mellorar as posibilidades de empregabilidade das persoas beneficiarias.

Documentación a presentar:l


Lugar de presentación:
Centro de Emprego Concello de Ferrol
Rúa Sagrada Familia 56
15405 Ferrol

obradoiros deputación



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego