Celebrado do 4 ao 7 de febreiro o encontro do proxecto transnacional YPAD en Ferrol.

Venres, 15 de febreiro de 2013
Contou con participantes de Suecia, Finlandia e Italia, e na xornada do mércores xuntou a case cen persoas.

O Concello de Ferrol participa, como socio colaborador, nun proxecto que lidera o Concello de Pitea (Suecia), denominado YPAD “Desenvolvemento de oportunidades para os mozos/as”. Ademais do Concello de Ferrol e o de Pitea, na súa función de líder, os outros socios colaboradores que participan no proxecto YPAD estan representados polos países de Italia (Concellos de Forli e Borgo val di Taro), Finlandia (Concello de Masku) e España (Concello de Camariñas).

Este proxecto realízase abeiro do Programa “Europa dos cidadáns da Unión Europea”, programa que ten como finalidade desenvolver o sentimento de pertenza e de identidade europea, mellorar o coñecemento mutuo e a tolerancia entre os cidadáns europeos, fomentar o diálogo intercultural e achegar a Unión Europea aos cidadáns.
O obxectivo principal do proxecto é reunir a persoas de concellos de toda Europa para compartir e intercambiar experiencias, opinións e valores no campo do desenvolvemento de oportunidades para a xente nova. O proxecto sinala tres problemas de interese común que son abordados nas reunións transnacionais:
  1. A falta de competencias adecuadas para ser empregados (oportunidades de empregabilidade)
  2. A marxinación dos xóvenes na sociedade civil
  3. A falta de capacidades das autoridades públicas para comunicarse e interactuar dunha forma efectiva coa xente nova.
O evento de Ferrol tiña como tema principal o terceiro destes problemas, e se desenvolveu cun enfoque participativo e aberto que permitiu o intercambio de coñecementos e de opinións entre as persoas participantes. Así no programa había dúas xornadas: martes día 5 e mércores día 6, especificamente deseñadas para favorecer o achegamento entre os participantes locais e internacionais, con charlas e mesas de traballo.
Os grupos que participan no proxecto son:
  • Xóvenes.
  • Asociacións
  • Técnicos municipais
  • Empresas
  • Centros educativos.

É importante agradecer a alta participación de todas as entidades de Ferrol e Comarca entre as que destacan:

3,14 Financial Contents
Xunta de Galicia - Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
AJE Ferrolterra
Mancomunidade de Concellos de Ferrolterra
Scouts Ferrol
CIFP Ferrolterra
IES Concepción Arenal
CIFP Rodolfo Ucha Piñeiro
IES Leixa
IES Catabois
IES Fene
IES Terra de Trasancos


O proxecto YPAD conta cunha páxina oficial www.ypadnetwork.net na que se recolle toda a información tratada nos diferentes seminarios.

YPAD



Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego