O Centro de Emprego do Concello de Ferrol, pon en marcha o seu segundo programa integrado de emprego “Caneliñas Oportunidades de Emprego”.

Sábado, 14 de novembro de 2009
“Exerce en Ferrol”, foi o primeiro programa integrado de emprego desenvolvido entre o último trimestre do ano anterior e os primeiros meses do actual. O nivel de inserción acadado foi do 67% do total dos participantes, superando así as previsións iniciais que eran do 50%.

Neste segundo programa, serán 60 os beneficiarios/as, e o ámbito de actuación do mesmo enmarcárase no sector da loxística e do transporte.

“Caneliñas Oportunidades de Emprego”, enmárcase nas políticas de emprego, dirixidas a explorar novas alternativas de inserción laboral que pon en marcha a Consellería de Traballo e Benestar, ao abeiro da orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria pública para a posta en práctica en Galicia durante os anos 2009 e 2010 de programas integrados para o emprego.

O Concello de Ferrol é o promotor deste Proxecto, que é unha continuación do traballo feito ata o momento no territorio, e que se encadra dentro dunha serie de accións planificadas e desenvolvidas polo Centro de Emprego do Concello de Ferrol. A pesar disto ten un carácter experimental dende o punto de vista da busca de diferentes alternativas para a inserción laboral integral das persoas con dificultades de inserción laboral.

Así mesmo, e co fin de darlle continuidade ao traballo feito neste campo, tómanse como referencia os resultados do “Estudio de Oportunidades de Emprego no Porto Exterior de Ferrol” na planificación e execución do programa, co fin de casar a demanda de determinados perfís profesionais por parte das empresas detectadas no mesmo coa demanda de emprego existente no concello ofertándolle distintas alternativas de inserción.

Se o referido estudo foi un primeiro paso, a execución deste programa integrado de emprego que pon en marcha o Centro de Emprego do Concello de Ferrol pretende ser o paso fundamental para a inserción laboral do colectivo.

Banner xunta


Concello de Ferrol Rede de Técnicos de Emprego de Galicia Xunta de Galicia Fondo Social Europeo Servizo Público de Emprego