Para conseguir o carné da biblioteca pide o impreso de solicitude ou pincha aquí: Solicitude de carné de lector

Tes que entregalo na biblioteca asinado polo teu pai, túa nai ou titor/a, xunto cunha foto.
Facer o carné de socio é totalmente gratuíto e con el poderás levar en préstamo como máximo:

  • Cinco libros durante 21 días, coa posibilidade de que poidas ampliar outros 21 días máis, se non está reservado.
  • Tres DVDs ou Blu-rays, tres CDs, e tres CD-ROM ou videoxogos durante 7 días, coa posibilidade de prórroga por outro período de igual duración, se non están reservados. 
  • 3 revistas durante 7 días, tamén con posibilidade de prórroga se non se atopan reservadas.

Ademais co carné poderás facer uso dos ordenadores en Internet durante 90 minutos ao día e consultar enciclopedias e outras obras dende casa; solicita o teu contrasinal co carné.

Destacados