Novas

mércores, 30 de outubro de 2024

O Concello de Ferrol reclama á adxudicataria das obras no aparcamento do Sánchez Aguilera o custe das reparacións recentes

A administración local solicítalle máis de 6.100 euros polo custe da reparación das zonas deterioradas


O Concello de Ferrol reclama á adxudicataria das obras no aparcamento do Sánchez Aguilera o custe das reparacións recentes

O concelleiro de Servizos, José Tomé, informou hoxe na comisión de Urbanismo que o Concello de Ferrol vén de impoñer á empresa Cinnia Tech S.L.U (anteriormente Girod Services S.L) que proceda a abonar á administración local a cantidade de 6.164,35 euros (IVE incluído) polo custo da reparación das zonas deterioradas, ao abeiro do previsto nos artigos 194, 243 e 244 da Lei 9/2017de 8 de novembro de Contratos do Sector Público, en concepto de indemnización por danos e prexuízos. “Non imos consentir esta deixación, as adxudicatarias das obras deben responder coas garantías das mesmas e do contrario vémonos na obriga das reclamación oportunas”.

Tomé recordou que este contrato foi adxudicado á empresa Cinnia Tech S.L.U (anteriormente Girod Services S.L) o 3 de febreiro do 2023 para a execución das obras de reparación do pavimento no Sánchez Aguilera por un importe de 47.710,41 euros. Os traballos comezaron o 20 de marzo e remataron o 5 de abril do mesmo ano. Segundo consta no informe municipal presentado na comisión de hoxe os traballos consistiron na reposición do firme de rodadura nas áreas de actuación, mediante a aportación dun firme estabilizado a base de áridos e aditivos Corpi Seal y Carpi Direct Plus, en obra con pranta dosificadora móvil, co sistema PR-ECO ESTABLE, da empresa referida, cun espesor de 20 centímetros (vehículo moderado) compactado mecánicamente.

Non obstante, dado que se apreciaron deficiencias nunha pequena parte do executado, por mor da apertura ao tránsito de vehículos prematura, instouse á empresa a que procedera á súa reparación, que realizou o 5 de xuño do 2023, quedando nesa data os traballos en condicións de recepción.

Na actualidade, as zonas de actuación presentan fochas en gran parte da súa superficie, con especial profundidade e deterioro nas zonas de acceso á explanada, o que pode causar danos aos vehículos. Ditas fochas supoñen un deterioro similar ao que tiña o pavimento antes da actuación transcorridos tan só seis meses dende a súa finalización, polo que non respondeu á durabilidade esperada da intervención, nin cumpriu coas expectativas de estabilidade do pavimento empregado, de xeito que a obra sufre deterioros graves incompatibles coa súa función.

Según o informe municipal, os defectos observados son debidos a unha deficiente execución das obras e non ao uso previsto do construído, estando as mesmas dentro do prazo de garantía mínimo dun ano, previsto na Lei 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público.

O concelleiro de Servizos recordou que o 10 de novembro do 2023 outorgouse á empresa trámite de audiencia para que presentara alegacións ou aportara a documentación que estimara oportuna, e a finais dese mes a adxudicataria comunica, entre outros extremos, que ían proceder á subsanación dos puntos danados.

O pasado 5 de xaneiro a concellería de Servizos dirixiu de novo un escrito á empresa para que procedera, con carácter de urxencia, á reparación das deficiencias. Despois deste requirimiento a empresa non procedeu no sentido requirido, polo que se emite un segundo informe técnico que dá conta de que as deficiencias non foron subsanadas polo que se estima debe actuarse ao abeiro do prevido na normativa de aplicación. O pasado mes de xullo, concedeuse de novo trámite de audiencia á empresa para os efectos oportunos, sen obter resposta algunha. Ante esta situación, o Concello de Ferrol adopta esta resolución na que impón á empresa Cinnia Tech S.L.U (anteriormente Girod Services S.L.) que proceda a abonarlle a cantidade de 6.164,35 euros (IVE incluído), que resulta do cálculo do custo dos traballos para a reparación das zonas deterioradas.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar