Novas

sábado, 24 de setembro de 2022

O Concello abre o luns o prazo de inscrición para as actividades deportivas para adultos


O Concello abre o luns o prazo de inscrición para as actividades deportivas para adultos

O Concello de Ferrol abre o luns, 26 de setembro, o prazo de inscrición para participar nas actividades deportivas dirixidas a adultos durante o curso 2022-2023, que inclúen tanto ximnasia de mantemento como natación. As solicitudes atenderanse por rigoroso orde de recepción ata rematar as prazas. 


As inscricións para as actividades de ximnasia de mantemento poderán realizarse nas recepcións do pavillón de Caranza en horario de 9:00 a 13:30 e no pavillón da Malata de 8:30 a 13:30 e de 16:30 a 20:30 horas. Pola súa banda, as inscricións para as actividades de natación poderán realizarse na recepción de Caranza en horario de 09:00 a 13:30 horas. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar