Novas

venres, 23 de setembro de 2022

O goberno local propón que en 2023 sexan festivos locais o martes de Carnaval e o luns de Chamorro

O concelleiro de Festas, Antonio Golpe, anunciou que a proposta debatida hoxe na comisión de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas someterase ao próximo pleno


O goberno local de Ferrol propoñerá no próximo pleno da corporación, previsto para o xoves 29 de setembro, que en 2023 sexan días festivos locais o martes de Carnaval (21 de febreiro) e o luns de Pascua (10 de abril). Así o trasladou esta mañá o concelleiro de Festas, Antonio Golpe, aos grupos municipais durante a comisión de Cultura, Educación, Universidade, Deportes e Festas.


O edil explicou que tendo en conta que o 7 de xaneiro (San Xiao) de 2023 é sábado, o goberno local decidiu optar por propoñer como festivo local o martes de Carnaval, unha data que tamén conta cunha gran aceptación entre a veciñanza. Os grupos municipais FeC e BNG ditaminaron a favor da proposta. 

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar