Novas

PROCURA POR DATA

Canal RSS de novas

Comparte esta páxina

Facebook

Twitter

Google +

Decembro 2022

O Concello reforza o seu apoio ao proxecto ‘Canido en Nomes’, que busca recuperar a historia e toponimia do barrio, cunha nova ruta teatralizada durante Nadal

O Concello reforza o seu apoio ao proxecto ‘Canido en Nomes’, que busca recuperar a historia e toponimia do barrio, cunha nova ruta teatralizada durante Nadal

(09/12/2022)

A edil de Patrimonio Histórico, Eva Martínez Montero, anunciou esta mañá que os novos folletos informativos do roteiro polo barrio xa se poden atopar nas oficinas de turismo

A programación cultural deseñada polo Concello inclúe para este sábado a obra de teatro ‘La Odisea de Magallanes-Elcano’

A programación cultural deseñada polo Concello inclúe para este sábado a obra de teatro ‘La Odisea de Magallanes-Elcano’

(08/12/2022)

O espectáculo terá lugar ás 20.30 horas no Teatro Jofre. A produción, do Teatro Clásico de Sevilla, conta con tres premios nacionais Garnacha 2021 —Mellor Espectáculo, Mellor Montaxe, Mellor Dirección—, o Premio Escenarios 2021 ao Mellor Actor para o elenco completo e o Premio Lorca 2022 á Mellor Dirección e Escenografía. As entradas están á venda no despacho de billetes ou a través da web municipal https://bit.ly/3Y52ak2

O Concello remite á Xunta o proxecto do saneamento do rural co fin de que se poida asinar “canto antes” o convenio para a súa execución

(08/12/2022)

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato, xa avanzara a semana pasada, durante a presentación do novo colector que se vai construír na marxe do río Sardiña, que tiña acordado con Augas de Galicia o envío de toda a documentación estes días. A construción da infraestrutura ten un custo estimado en torno aos 10 millóns de euros, dos que a Administración autonómica se comprometeu a sufragar o 70 %, tal e como confirmaron rexedor e presidente galego o 28 de outubro

O Concello habilita na web municipal unha enquisa para enriquecer o programa de envellecemento saudable para maiores ‘F+60’

(06/12/2022)

Pode completarse ata o 10 de xaneiro no enlace de https://www.ferrol.gal/servizos/ferrolmais60

O Concello celebrará do 14 ao 18 de decembro a II Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol con máis espazos e prazas respecto ao pasado ano

O Concello celebrará do 14 ao 18 de decembro a II Semana do Patrimonio Invisible de Ferrol con máis espazos e prazas respecto ao pasado ano

(05/12/2022)

A edil de Benestar Social, Eva Martínez Montero, indicou que tras o éxito da pasada edición, esta vez durará un día máis, poderán visitarse ata 10 espazos (2 máis que en 2021) e ampliarase o número de prazas, de 360 a 525 para este ano. Indicou que o obxectivo é “achegar aos ferroláns espazos cun valor patrimonial, histórico e cultural totalmente único e indiscutible habitualmente inaccesibles para o público”. A reserva habilitarase o día 9 de decembro, a partir das 17 horas, a través da web patrimonioinvisible.gal

O goberno local aproba o proxecto de reurbanización do primeiro tramo da estrada de Castela

O goberno local aproba o proxecto de reurbanización do primeiro tramo da estrada de Castela

(05/12/2022)

A proposta, que supera os 2,2 millóns de euros, conta con beirarrúas de máis de oito metros e unha fonte ornamental de gran tamaño nunha nova rotonda que se crearía na intersección coas avenidas da Paz e das pías. O voceiro, Julián Reina, explicou que, dos case 21 millóns que o Concello tiña solicitado para actuacións de rehabilitación urbana con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, a Xunta unicamente concedeu 3,5 millóns

O alcalde recibe ao equipo contra a violencia de xénero da Policía Local de Ferrol, que recibiu o recoñecemento de Axempol polas súas boas prácticas policiais

O alcalde recibe ao equipo contra a violencia de xénero da Policía Local de Ferrol, que recibiu o recoñecemento de Axempol polas súas boas prácticas policiais

(05/12/2022)

Ángel Mato destacou da unidade Vioxen o seu importante labor na cidade e agradeceulle o traballo que desenvolve desde a súa posta en marcha, hai dous anos

O Concello estrea no Cantón a ‘Paxareira do Nadal’, cunha gran árbore, preto de 90 flores de pascua, 8 abetos naturais, un gran belén, crebanoces de madeira e multitude de adornos típicos destas datas

O alcalde, Ángel Mato, visitou esta mañá o novo atractivo de Nadal e conversou cos veciños que se atoparon ao Cantón para gozar dos seus rechamantes elementos. Conta tamén cun Papá Noel, renos, cans husky, osos polares e bolas e bonecos de neve, entre outros adornos

O Concello celebra por primeira vez o alumeado de Nadal no rural cunha xornada festiva, actuacións musicais e a visita de Papá Noel

O Concello celebra por primeira vez o alumeado de Nadal no rural cunha xornada festiva, actuacións musicais e a visita de Papá Noel

(05/12/2022)

O alcalde, Ángel Mato, presidiu o evento, que tivo lugar no local social de Serantes coa presenza de multitude de veciños

Ferrol acende un alumeado de Nadal composto por máis dun millón de leds de baixo consumo

Ferrol acende un alumeado de Nadal composto por máis dun millón de leds de baixo consumo

(02/12/2022)

Dúas alumnas do colexio de Pazos dirixiron a conta atrás e pulsaron o interruptor xunto ao alcalde, Ángel Mato

O Concello inicia o proceso de selección para o novo Programa Integrado de Emprego, que oferta 100 prazas para desempregados

(02/12/2022)

O plan desenvolverase ata o mes de novembro de 2023

O alcalde inaugura esta tarde no centro municipal Torrente Ballester a exposición ‘Con corpo e voz de muller’

(02/12/2022)

O acto está previsto para hoxe, ás 20 horas

O Concello dedicará este ano o Día da Discapacidade ao deporte e saúde mental cunha xornada de convivencia coa participación da nova Escola Inclusiva Uni2 do Baxi

(01/12/2022)

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, lembrou o traballo desenvolvido desde o Concello de Ferrol para a posta en marcha do novo proxecto inclusivo de baloncesto. Será o 8 de decembro, de 12.15 a 13.30h, no pavillón de Esteiro. Durante o evento os novos integrantes da Escola recibirán unha camiseta de xogo e realizarán un mural colaborativo

Concello e policía abordan o reforzo dos plans de seguridade

Concello e policía abordan o reforzo dos plans de seguridade

(01/12/2022)

O alcalde e o concelleiro de Seguridade reuníronse cos mandos da Policía Nacional e da Policía Local para analizar distintas medidas relacionadas especialmente coa mocidade

O Concello celebrará a segunda feira de arte ‘Regalarte’ durante 8 días e con 36 artistas, o dobre que o pasado ano

O Concello celebrará a segunda feira de arte ‘Regalarte’ durante 8 días e con 36 artistas, o dobre que o pasado ano

(01/12/2022)

Será do 4 ao 11 de decembro na carpa de Nadal instalada na praza de Armas, todos os días de 11 a 14 e de 17 a 21 horas. Haberá dous quendas, 18 artistas expoñerán e venderán a súa obra entre o 4 e 7 de decembro e outros 18 entre os días 8 e 11

O Concello celebra mañá na carpa da praza de Armas a II Feira do Voluntariado coa participación de 26 entidades sociais e varias actividades para todos os públicos

O Concello celebra mañá na carpa da praza de Armas a II Feira do Voluntariado coa participación de 26 entidades sociais e varias actividades para todos os públicos

(01/12/2022)

A concelleira de Benestar Social, Eva Martínez Montero, lembrou que estará aberta ao público de 11 a 14h e de 17 a 20 horas

O Concello instala na praza de Armas unha gran árbore de Nadal transitable, de 20 metros de alto, que ofrecerá tres espectáculos de luz e música ao día

(01/12/2022)

A concelleira de Obras, Servizos e Medio Ambiente, Ana Lamas, informou que as sesións serán ás 18.30, 20 e 21.30h. O acendido das luces en Ferrol terá lugar mañá, ás 18 horas, a cargo de dúas alumnas do ceip de Pazos

Utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e ofrecer contidos personalizados. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa política de cookies.

Pechar