Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Declaración institucional Oito de marzo do 2011

Luns, 11 Abril 2011 10:34

 

Desde o ano 1.975, declarado ano internacional das mulleres, celébrase o oito de marzo para conmemorar a loita histórica para mellorar as condicións de vida das mulleres.

Este dia sinala un momento de reflexión e reivindicacións sobre o longo viaxe ata a igualdade. O esforzo de traballo realizado nos últimos anos significou importantes avances lexislativos nas que as accións permitirán pasar da igualdade real á efectiva.

A igualdade entre mulleres e homes é un dos obxectivos prioritarios na xestión municipal, a eliminación de todas as formas de discriminación as í como a mellora da calidade de vida da cidadania

Por outro lado asistimos a unha forte crise económica-financieira na que terá repercusións sobre as clases mais desprotexidas da nosa sociedade, entre estes colectivos serán as mulleres as que sufrirán os efectos da crise económica.

O Concello de Ferrol neste esforzo de conquerir a igualdade efectiva e de previr unha involución das mulleres traballou na elaboración do II Plan de Igualdade 2.010-2.014 . Compromiso participativo e consensuado froito do traballo e das propostas de asociacións, organismos, entidades e fundamentalmente coa vontade política de seguir avanzando na construcción dunha sociedade mais igualitaria e mais xusta.