Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

I Concurso de carteis contra a violencia de xénero

Venres, 28 Outubro 2011 11:48 | Modificado o (Venres, 28 Outubro 2011 11:53)

 

 

BASES REGULADORAS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2011.

 

Concellería que o convoca: Concellería de Igualdade do Concello de Ferrol.

Área : Muller/Centro de Información á Muller.

PRIMEIRA.- OBXECTO. O obxecto desta convocatoria consiste na creación dun cartel que forme parte da campaña de sensibilización contra a violencia de xénero, promovida pola concellería de Igualdade do Concello de Ferrol, co motivo do día 25 de novembro de 2011, día internacional da non violencia contra as mulleres.

SEGUNDA.- CONCURSANTES. Poderán concursar tódalas persoas maiores de 18 anos.

TERCEIRA.- FORMA DE PRESENTACIÓN DO CARTEL OU CARTEIS.

Os traballos que se presenten a este concurso deberán ser orixinais e non ter sido presentados en anteriores concursos.

Casa persoa poderá presentar cantas obras desexe.

Os orixinais realizaranse en papel ou lenzo, en tamaño mínimo A3. Achegaranse o suficientemente protexidos e montados en soporte ríxido, para os efectos de permitir a súa perfecta exposición.

O material e a técnica utilizada serán libres, dentro dos límites usuais que permitan a normal reprodución fotomecánica.

Deberán incluir un lema ou eslogan relativo á non violencia contra as mulleres ou indicativo do día 25 de novembro (Día Internacional da non Violencia contra as mulleres). O lema poderá estar escrito en castelán ou en galego (a Concellería de Igualdade reservarase a facultade de traducílo).

O autor o a autora non poderán asinar os traballos, polo que a súa identificación limitarase a un lema que estará escrito ao dorso do cartel.Este irá acompañado dun sobre lacrado no que constará, na súa parte externa, o mesmo lema que no cartel, e, na súa parte interna, introducírase unha nota escrita cos datos personais do autor ou autora (nome, apelidos, enderezo completo, un número de teléfono de contacto, fotocopia do NIF ou CIF, ou calquera outro dato sobre o propio traballo).

Asi mesmo, os/as participantes deberán achegar ademais unha declaración xurada de aceptación do contido das presentes bases.

CUARTA.- LUGAR DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS. Poderán entregarse ou enviarse á seguinte dirección:

Concello de Ferrol-Concellería de Igualdade (C.I.M)

Rúa Lugo, 56,2º andar

15402- Ferrol.

Teléfono 981944124. E.mail : Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

QUINTA.- PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS.- A data límite de presentación será o día 14 de novembro de 2011.

SEXTA.- PREMIOS.- Establecense dous categorías de premios:

PRIMER PREMIO: consistente en un notebook, para o gañador/a.

PREMIO MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO: consistente en un album dixital, para o gañador/a.

SÉTIMA.- COMPOSICIÓN DO XURADO.- O xurado estará composto polas seguintes persoas:

Presidenta: a concelleira de Igualdade.

Tres vocais:

Dous/dúas relacionados/as co mundo das artes, da imaxe e da educación plástica.

Un/unha técnico/a en Igualdade e violencia de xénero.

Secretaria: a xefa do negociado de Muller do concello.

OITAVA.- FALLO DO XURADO.- O fallo farase público o día 20 de novembro de 2011 e entregaranse os premios en acto público o día 25 do mesmo mes.

As persoas integrantes do xurado valorarán o contido, a capacidade de sensibilización, a orixinalidade e a calidade dos traballos.

NOVENA.- DEREITOS E RESPONSABILIDADES.

Os traballos quedarán en poder da concellería de Igualdade/Centro de Información á Muller, que ser reserva o dereito de explotación dos mesmos, produción, distribución, exposición, transformación ou calquera outro tratamento, sempre sen ánimo de lucro.

Tódolos carteis serán expostos ao público nas distintas dependencias municipais e/ou espazos públicos e a devandita exposición incluírase nos actos que se organicen para a conmemoración do Día Internacional contra a violencia de xénero/25 de novembro de 2011.

As persoas participantes neste concurso serán as únicas responsables dos contados dos seus traballos, no que respecta a esixencias legais de dereitos de autorías ou plaxios, segundo a normativa de aplicación vixente.

FINAL.- As cuestións que se plantexen e non estean previstas nestas bases, resolveránse polos membros/as do xurado.

As decisións adoptadas polo xurado serán inapelables.