CIM - Centro de Información á Muller

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Ábrese a convocatoria de axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

 

O prazo para solicitalas é ata o 31 de octubro do 2.012

  • Resolución do DOG. nº 44 do 2.012/3/2/.-Xunta de Galicia
  • Resolución do 27 de febreiro de 2.012, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se convocan para o ano 2.012 axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero

 

 

 

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Pérgola de recordo

 

 

O 27 de abril, vernes, ACTO DE REPULSA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.

Ás 11 horas, no xardíns de San Francisco.

Ás 11:30 horas, lectura dun manifesto, na entrada do Concello.

Contamos coa vosa participación e agradecemos a difusión deste acto que é  expresión da solidariedade e da sensibilización da poboación de Ferrol en contra de todo tipo de violencia exercida ás mulleres.

Lerá o comunicado Juan José Castro Barrela (Xefe do SAF).

 

Verónica Casal Míguez
Concelleira de Igualdade

 

 

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Declaración institucional 8 de marzo de 2012

Como cada ano, conmemoramos o Día Internacional da Muller, data  en que resulta imprescindible  realizar unha defensa sen concesións dos dereitos de todas as mulleres do Planeta, e data en que cómpre reivindicarmos estes dereitos cunha forza especial, cun ímpeto colectivo  que ha de impulsarnos a recoñecer o traballo realizado por tantas e tantas mulleres a prol da Igualdade.

Neste contexto, resulta imprescindible que todas as Administracións, en particular as máis próximas á cidadanía, os Concellos, procedan a implementar  as medidas necesarias en todas e cada unha das súas políticas para contribuír a erradicar de xeito definitivo, as desigualdades entre homes e mulleres, que a día de hoxe continúan presentes na nosa sociedade.

A situación das mulleres ten evolucionado de xeito vertixinoso dende que un millón de mulleres, en varios países europeos, se reuniran un 19 de marzo de 1911, para reivindicar publicamente o que por natureza lles correspondía. Pero non podemos esquecer que, un século despois, aínda nos quedan obxectivos pendentes de cumprir.

As leis, con firmes e claros contidos e compromisos de igualdade, son instrumentos indiscutiblemente valiosos para o fin que nos propoñemos, pero ademais, é imprescindible un compromiso de todas e todos, un esforzo tanto individual como colectivo para chegar a alcanzar a igualdade real, superando deste xeito todas aquelas barreiras, que impiden o salto definitivo dende a igualdade legal á igualdade efectiva.

Os plans de igualdade de oportunidades son, así mesmo, unha ferramenta axeitada,  para acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. A Corporación municipal do Concello de Ferrol, tal e como ten establecido  o II Plan de Igualdade (2010-2014) do Concello de Ferrol, amosa a súa vontade política para implicarse na sensibilización de todos os axentes que teñen relación coa xestión local, e introducir de forma transversal a perspectiva de xénero na súa acción política e administrativa.

A Plataforma de Acción de Beijing, (Beijing 1995 ) organizada por Nacións Unidas, ten servido durante estes anos para deseñar as estratexias de intervención que permiten aplicar os principios de transversalidade e empoderamento na xestión das políticas públicas.

Aínda así,  nestes momentos,  evidéncianse  importantes brechas de xénero. Por este motivo, debemos darlles un pulo ás novas actuacións que garantan, dende a sostibilidade económica, imprescindible nestes momentos,  pero tamén dende a social, o benestar da cidadanía.

A responsabilidade do privado segue a recaer, case en exclusiva, nas mulleres. Debemos contribuír a que os homes se conciencien e compartan as responsabilidades familiares. A corresponsabilidade entre os homes e as mulleres, o acceso destas ao mercado laboral en condicións de igualdade, o acceso das mulleres aos postos de responsabilidade no ámbito público han de ser o obxectivo primordial que nos temos que marcar, para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria.

As políticas de igualdade entre mulleres e homes teñen, con carácter indiscutible, unha importante rendibilidade económica, contribúen a maiores taxas de actividade e, polo tanto, garanten maior achega á riqueza da nosa terra. A igualdade de oportunidades é, ademais dunha obriga por lei, un elemento de desenvolvemento económico que garante a cohesión social.

O Concello de Ferrol aposta pola importancia da educación como ferramenta de traballo para lograr o investimento dos roles e estereotipos sexistas que aínda prevalecen no imaxinario colectivo, intensificando esforzos para que  os nenos e nenas de Ferrol reciban unha educación en igualdade, reforzando os piares sobre os que se han de erguer as estruturas necesarias para destruírmos a cadea do maltrato asociado á posición de inferioridade en que, consecuencia dunha educación patriarcal,  se segue colocando en moitas ocasións as mulleres, nunha condición de inferioridade con respecto aos homes.

En consecuencia, asumindo o firme obxectivo de seguir traballando a prol da igualdade efectiva e en contra de toda discriminación por razón do sexo, o Pleno do Concello de Ferrol co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, asume os seguintes compromisos:

- Facer público e reiterar o noso compromiso coa igualdade de oportunidades.

- Impulsar as accións positivas necesarias para a efectiva participación das  mulleres en todos os ámbitos da vida política, social,  laboral, económica e financeira.

- Promover e apoiar todas aquelas medidas favorecedoras da concienciación social sobre a importancia da tolerancia entre homes e mulleres, a conciliación da vida persoal e familiar e a erradicación da violencia contra as mulleres.

 

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Acto de repulsa en contra da violencia de xénero

Conforme ao acordado en reunión celabrada coas Asociacións de Mulleres  na

Comisión informativa de Benestar Social, Muller, Xuventude, Solidaridade e Festas o

17 de xuño de 2.010, convócovos ao acto que terá lugar  o VENRES, 30 DE MARZO.

 

 

“NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”.

 

 

MOSTRA A TÚA REPULSA E A TÚA SOLIDARIEDADE ACUDINDO Á

CONCENTRACIÓN ÁS 11HORAS NOS XARDÍNS DA IGREXA DE SAN

FRANCISCO E Á LECTURA DO MANIFESTO DE REPULSA CONTRA A

VIOLENCIA MACHISTA ÁS 11:30 HORAS NA ENTRADA DO CONCELLO.

 


Contamos coa vosa presenza.

 

Verónica Mª Casal Míguez

Concelleira de Igualdade

 

 

Dolores Cervera Vázquez

Directora do CIM

 


Concelleria de Igualdade

Rúa Lugo 56

Tlf 981944124- 981944240

Fax:881937746

 

Lerá o Comunicado: Carlos Agulló, Subdirector de la Voz de Galicia

Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

8 de marzo - Día Internacional da Muller

O alcalde José Manuel Rey presidirá os actos institucionais que se desenvolverán no Teatro Jofre. María del Carmen Sánchez doou ao Concello a vivenda da súa propiedade que agora serve de sede á Casa de Acollida, pola que xa pasaron máis de 500 mulleres. Ademais do recoñecemento a María del Carmen Sánchez, a conmemoración do 8 de marzo inclúe un concerto, a cargo de Lucía Pérez, e a actuación da monologuista Cristina Moreira.

 

» Ler mais. 8 de marzo - Día Internacional da Muller

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL


2011 © Concello de Ferrol - Centro de Información á Muller