Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Nota de repulsa polo asasinato de Iria García Bouza

Dende o CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER do Concello de Ferrol, queremos amosar a nosa repulsa polo asasinato da nosa veciña do Concello de Narón, Iria García Bouza, que aos 28 anos foi vítima da máis salvaxe manifestación da violencia contra as mulleres. Amosar a nosa solidariedade tanto coa súa familia, amigos/as, veciños/as e con todas as mulleres que están a ser vítimas desta lacra social. Gustaríanos resaltar neste momento as palabras que a propia Iria compartía nas redes sociais:

"Un día comprendí que el volver a intentar siempre significa perder,

que todo lo que iba a ser eterno se puede acabar en un segundo, que

cuando pierdes tu libertad, entonces no tienes nada".

Queremos invitar a toda a cidadanía a que acuda hoxe, as 13:00h. na Praza de Armas, na entrada do Concello á concentración na que se gardará un minuto de silencio pola memoria da falecida.


2011 © Concello de Ferrol - Centro de Información á Muller