Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Pérgola de recordo - Comunicado das asociacións de mulleres

A violencia de xénero é particularmente aquela que se manifesta e se producen  dentro da familia, é o obstáculo mais grave para que se produza e se leve a cabo o principio de igualdade.

Toda violencia contra as mulleres é unha gravísima violación dos dereitos humanos.

A violencia de xénero é un problema que está moi presente na nosa sociedade sendo unha das manifestacións mais claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder entre homes e mulleres.

A violencia hacia as mulleres pasou de ser considerada unha circunstancia privada a ser considerada unha cuestión pública, xa que tanto as causas como as consecuencias teñen un alcance que afecta ó conxunto da sociedade.

É moi importante:

 

  • Facer visible a realidade da violencia contra as mulleres e dar a coñecer a verdadeira dimensión do problema e as consecuencias sobre as vítimas.
  • Divulgar recursos, accións e medidas que favorecen a erradicación e reforzar modelos sociais que permitan a resolución de conflictos de forma non violenta.
  • Fomentar e transmitir modelos non sexistas e de respeto á igualdade de mulleres e homes

 

É de gran relevancia o papel desempeñado polos movimentos de mulleres nos distintos momentos históricos, os movimentos en pro dos dereitos da muller, empezando polo movimento sufragista iniciado en Inglaterra a mitad do século XIX e que reivindicaban o dereito ó voto ata outros movimentos que existiron ó longo do tempo. Estas voces e a denuncia en contra da violencia exercida contra as mulleres, que se percibía e estaba   lexitimada tanto no medio social como no medio doméstico  fixo posible un cambio nas mentalidades, na visibilización desta lacra social e na toma de medidas lexislativas  dos distintos gobernos e de compromisos para a erradicación da violencia.

As asociacións de mulleres de Ferrol, facemos un chamamento a todos e a todas para que non toleren nas súas relacións tanto públicas como privadas, ningunha afrenta a súa dignidade e integridade, sumándonos á defensa de cantas iniciativas institucionais e locais tendan a erradicación da violencia de xénero.

Facemos unha importante aposta polos BOS TRATOS, POLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO e pola sensibilización dos cidadás e cidadans.

Queremos unha vida libre de violencia e de calquera tipo de discriminación, éste é un lema que move ás asociacións e a o que aspiramos nas nosas actividades do día a día.


2011 © Concello de Ferrol - Centro de Información á Muller