Atención, ábrese nunha nova fiestra. PDFImprimirCorreo-e

Manifesto en contra da violencia de xénero, de Juan José Castrol Barrela

 

VIOLENCIA

Defínese como o tipo de interacción humana que se manifesta en condutas que deliberadamente  provocan un dano ou sometemento  grave a outro individuo.

Debe ser labor das Forzas e Corpos de Seguridade en particular e da sociedade en xeral o de atallar e responder a este tipo de condutas con decisión.

Todo o mundo ten dereito a liberdade, non debendo estar ningunha persoa sometida a vontade doutros de forma coercitiva.

Vivir libre sen ser víctima de violencia, debería ser o punto básico de partida para convivir en sociedade, sendo importante a reacción de cada un dos individuos que a compoñen  ante a falta destes pilares.

A violencia de Xénero, por atacar frontalmente estes valores, coa agravante de valerse os agresores dunha posición de dominio,  ha de ser unha conducta a extinguir co esforzo de todos, sendo imprescindible a intervención das institucións do estado, autonómicas e locaís.

As armas a utilizar nesta loita, serán morais e legais, pois como en calquera estado democrático a de ser o imperio da ley o que facilite pautas e instrumentos o sistema xudicial e as Forzas e corpos de seguridade, tendo como obxectivo último o de garantir a calquera Muller víctima, unha protección real e integral que abranga o seu círculo familiar máis directo, para sentir esa seguridade que lle facilite recuperar a súa vida despois da denuncia.

Non sería posible todo isto, sen unhas Institucións que lle proporcionasen o necesario para recuperala, dende axuda psicolóxica, legal ou de sustento ou uns medios de prensa que desen cobertura a cada novo acto de violencia de xénero, para que a totalidade da sociedade coñeza e repudie actos e autores.

Por todo isto como partícipe dun destes eslabóns para a erradicación  da violencia de xénero, seguiremos traballando dende os grupos especializados do Corpo Nacional de Policía, cohexionados co resto da sociedade para a extinción desta figura tan execrable que atenta directamente contra a integridade e dignidade das persoas.

 

 

Juan José Castro Barrela

Xefe do SAF


2011 © Concello de Ferrol - Centro de Información á Muller