Xoves, 15 Marzo 2012 10:33 |
Modificado o (Xoves, 15 Marzo 2012 10:38) |
Escrito por Administrator
O prazo para solicitalas é ata o 31 de octubro do 2.012
- Resolución do DOG. nº 44 do 2.012/3/2/.-Xunta de Galicia
- Resolución do 27 de febreiro de 2.012, da Secretaría Xeral de Igualdade, pola que se convocan para o ano 2.012 axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero
Venres, 09 Marzo 2012 13:00 |
Modificado o (Venres, 09 Marzo 2012 13:07) |
Escrito por Administrator
Como cada ano, conmemoramos o Día Internacional da Muller, data en que resulta imprescindible realizar unha defensa sen concesións dos dereitos de todas as mulleres do Planeta, e data en que cómpre reivindicarmos estes dereitos cunha forza especial, cun ímpeto colectivo que ha de impulsarnos a recoñecer o traballo realizado por tantas e tantas mulleres a prol da Igualdade.
Neste contexto, resulta imprescindible que todas as Administracións, en particular as máis próximas á cidadanía, os Concellos, procedan a implementar as medidas necesarias en todas e cada unha das súas políticas para contribuír a erradicar de xeito definitivo, as desigualdades entre homes e mulleres, que a día de hoxe continúan presentes na nosa sociedade.
A situación das mulleres ten evolucionado de xeito vertixinoso dende que un millón de mulleres, en varios países europeos, se reuniran un 19 de marzo de 1911, para reivindicar publicamente o que por natureza lles correspondía. Pero non podemos esquecer que, un século despois, aínda nos quedan obxectivos pendentes de cumprir.
As leis, con firmes e claros contidos e compromisos de igualdade, son instrumentos indiscutiblemente valiosos para o fin que nos propoñemos, pero ademais, é imprescindible un compromiso de todas e todos, un esforzo tanto individual como colectivo para chegar a alcanzar a igualdade real, superando deste xeito todas aquelas barreiras, que impiden o salto definitivo dende a igualdade legal á igualdade efectiva.
Os plans de igualdade de oportunidades son, así mesmo, unha ferramenta axeitada, para acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres. A Corporación municipal do Concello de Ferrol, tal e como ten establecido o II Plan de Igualdade (2010-2014) do Concello de Ferrol, amosa a súa vontade política para implicarse na sensibilización de todos os axentes que teñen relación coa xestión local, e introducir de forma transversal a perspectiva de xénero na súa acción política e administrativa.
A Plataforma de Acción de Beijing, (Beijing 1995 ) organizada por Nacións Unidas, ten servido durante estes anos para deseñar as estratexias de intervención que permiten aplicar os principios de transversalidade e empoderamento na xestión das políticas públicas.
Aínda así, nestes momentos, evidéncianse importantes brechas de xénero. Por este motivo, debemos darlles un pulo ás novas actuacións que garantan, dende a sostibilidade económica, imprescindible nestes momentos, pero tamén dende a social, o benestar da cidadanía.
A responsabilidade do privado segue a recaer, case en exclusiva, nas mulleres. Debemos contribuír a que os homes se conciencien e compartan as responsabilidades familiares. A corresponsabilidade entre os homes e as mulleres, o acceso destas ao mercado laboral en condicións de igualdade, o acceso das mulleres aos postos de responsabilidade no ámbito público han de ser o obxectivo primordial que nos temos que marcar, para o desenvolvemento dunha sociedade xusta e igualitaria.
As políticas de igualdade entre mulleres e homes teñen, con carácter indiscutible, unha importante rendibilidade económica, contribúen a maiores taxas de actividade e, polo tanto, garanten maior achega á riqueza da nosa terra. A igualdade de oportunidades é, ademais dunha obriga por lei, un elemento de desenvolvemento económico que garante a cohesión social.
O Concello de Ferrol aposta pola importancia da educación como ferramenta de traballo para lograr o investimento dos roles e estereotipos sexistas que aínda prevalecen no imaxinario colectivo, intensificando esforzos para que os nenos e nenas de Ferrol reciban unha educación en igualdade, reforzando os piares sobre os que se han de erguer as estruturas necesarias para destruírmos a cadea do maltrato asociado á posición de inferioridade en que, consecuencia dunha educación patriarcal, se segue colocando en moitas ocasións as mulleres, nunha condición de inferioridade con respecto aos homes.
En consecuencia, asumindo o firme obxectivo de seguir traballando a prol da igualdade efectiva e en contra de toda discriminación por razón do sexo, o Pleno do Concello de Ferrol co gallo da conmemoración do Día Internacional da Muller, asume os seguintes compromisos:
- Facer público e reiterar o noso compromiso coa igualdade de oportunidades.
- Impulsar as accións positivas necesarias para a efectiva participación das mulleres en todos os ámbitos da vida política, social, laboral, económica e financeira.
- Promover e apoiar todas aquelas medidas favorecedoras da concienciación social sobre a importancia da tolerancia entre homes e mulleres, a conciliación da vida persoal e familiar e a erradicación da violencia contra as mulleres.
Luns, 27 Febreiro 2012 08:35 |
Modificado o (Venres, 02 Marzo 2012 12:54) |
Escrito por Administrator
O alcalde José Manuel Rey presidirá os actos institucionais que se desenvolverán no Teatro Jofre. María del Carmen Sánchez doou ao Concello a vivenda da súa propiedade que agora serve de sede á Casa de Acollida, pola que xa pasaron máis de 500 mulleres. Ademais do recoñecemento a María del Carmen Sánchez, a conmemoración do 8 de marzo inclúe un concerto, a cargo de Lucía Pérez, e a actuación da monologuista Cristina Moreira.
Venres, 28 Outubro 2011 11:48 |
Modificado o (Venres, 28 Outubro 2011 11:53) |
Escrito por Administrator
BASES REGULADORAS DO I CONCURSO DE CARTEIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, ANO 2011.