Centro de Información á Muller
Manifesto en contra da violencia de xénero, de Juan José Castrol Barrela
VIOLENCIA
Defínese como o tipo de interacción humana que se manifesta en condutas que deliberadamente provocan un dano ou sometemento grave a outro individuo.
Debe ser labor das Forzas e Corpos de Seguridade en particular e da sociedade en xeral o de atallar e responder a este tipo de condutas con decisión.
Todo o mundo ten dereito a liberdade, non debendo estar ningunha persoa sometida a vontade doutros de forma coercitiva.
Vivir libre sen ser víctima de violencia, debería ser o punto básico de partida para convivir en sociedade, sendo importante a reacción de cada un dos individuos que a compoñen ante a falta destes pilares.
A violencia de Xénero, por atacar frontalmente estes valores, coa agravante de valerse os agresores dunha posición de dominio, ha de ser unha conducta a extinguir co esforzo de todos, sendo imprescindible a intervención das institucións do estado, autonómicas e locaís.
As armas a utilizar nesta loita, serán morais e legais, pois como en calquera estado democrático a de ser o imperio da ley o que facilite pautas e instrumentos o sistema xudicial e as Forzas e corpos de seguridade, tendo como obxectivo último o de garantir a calquera Muller víctima, unha protección real e integral que abranga o seu círculo familiar máis directo, para sentir esa seguridade que lle facilite recuperar a súa vida despois da denuncia.
Non sería posible todo isto, sen unhas Institucións que lle proporcionasen o necesario para recuperala, dende axuda psicolóxica, legal ou de sustento ou uns medios de prensa que desen cobertura a cada novo acto de violencia de xénero, para que a totalidade da sociedade coñeza e repudie actos e autores.
Por todo isto como partícipe dun destes eslabóns para a erradicación da violencia de xénero, seguiremos traballando dende os grupos especializados do Corpo Nacional de Policía, cohexionados co resto da sociedade para a extinción desta figura tan execrable que atenta directamente contra a integridade e dignidade das persoas.
Juan José Castro Barrela
Xefe do SAF
Pérgola de recordo
O 27 de abril, vernes, ACTO DE REPULSA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Ás 11 horas, no xardíns de San Francisco.
Ás 11:30 horas, lectura dun manifesto, na entrada do Concello.
Contamos coa vosa participación e agradecemos a difusión deste acto que é expresión da solidariedade e da sensibilización da poboación de Ferrol en contra de todo tipo de violencia exercida ás mulleres.
Lerá o comunicado Juan José Castro Barrela (Xefe do SAF).
Verónica Casal Míguez
Concelleira de Igualdade
Aberto o prazo de solicitude de estadías de tempo libre
Aberto o prazo de solicitude de estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares.
Na convocatoria, publicada no DOG o 16 de abril, ofértanse 95 prazas para mulleres e para menores ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e os 12 anos.
Ficha resumen de vítimas mortais por violencia de xénero (datos provisionais)
Acto de repulsa en contra da violencia de xénero
Conforme ao acordado en reunión celabrada coas Asociacións de Mulleres na
Comisión informativa de Benestar Social, Muller, Xuventude, Solidaridade e Festas o
17 de xuño de 2.010, convócovos ao acto que terá lugar o VENRES, 30 DE MARZO.
“NON Á VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES”.
MOSTRA A TÚA REPULSA E A TÚA SOLIDARIEDADE ACUDINDO Á
CONCENTRACIÓN ÁS 11HORAS NOS XARDÍNS DA IGREXA DE SAN
FRANCISCO E Á LECTURA DO MANIFESTO DE REPULSA CONTRA A
VIOLENCIA MACHISTA ÁS 11:30 HORAS NA ENTRADA DO CONCELLO.
Contamos coa vosa presenza.
Verónica Mª Casal Míguez
Concelleira de Igualdade
Dolores Cervera Vázquez
Directora do CIM
Concelleria de Igualdade
Rúa Lugo 56
Tlf 981944124- 981944240
Fax:881937746
Lerá o Comunicado: Carlos Agulló, Subdirector de la Voz de Galicia
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL