Centro de Información á Muller
Nota de repulsa polo asasinato de Iria García Bouza
Dende o CENTRO DE INFORMACIÓN Á MULLER do Concello de Ferrol, queremos amosar a nosa repulsa polo asasinato da nosa veciña do Concello de Narón, Iria García Bouza, que aos 28 anos foi vítima da máis salvaxe manifestación da violencia contra as mulleres. Amosar a nosa solidariedade tanto coa súa familia, amigos/as, veciños/as e con todas as mulleres que están a ser vítimas desta lacra social. Gustaríanos resaltar neste momento as palabras que a propia Iria compartía nas redes sociais:
"Un día comprendí que el volver a intentar siempre significa perder,
que todo lo que iba a ser eterno se puede acabar en un segundo, que
cuando pierdes tu libertad, entonces no tienes nada".
Queremos invitar a toda a cidadanía a que acuda hoxe, as 13:00h. na Praza de Armas, na entrada do Concello á concentración na que se gardará un minuto de silencio pola memoria da falecida.
Liñas de axuda para mulleres emprendedoras e empresarias
AXUDAS PAGAMENTO ÚNICO: Axudas para mulleres vítimas de violencia de xénero con especiais dificultades para obter un emprego Resolución do 21 de maio de 2.012, da Secretaria Xeral de Igualdade, pola que se convocan para o ano 2.012, as axudas establecidas no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero.
Pérgola de recordo - Comunicado das asociacións de mulleres
A violencia de xénero é particularmente aquela que se manifesta e se producen dentro da familia, é o obstáculo mais grave para que se produza e se leve a cabo o principio de igualdade.
Toda violencia contra as mulleres é unha gravísima violación dos dereitos humanos.
A violencia de xénero é un problema que está moi presente na nosa sociedade sendo unha das manifestacións mais claras da desigualdade, subordinación e das relacións de poder entre homes e mulleres.
A violencia hacia as mulleres pasou de ser considerada unha circunstancia privada a ser considerada unha cuestión pública, xa que tanto as causas como as consecuencias teñen un alcance que afecta ó conxunto da sociedade.
É moi importante:
- Facer visible a realidade da violencia contra as mulleres e dar a coñecer a verdadeira dimensión do problema e as consecuencias sobre as vítimas.
- Divulgar recursos, accións e medidas que favorecen a erradicación e reforzar modelos sociais que permitan a resolución de conflictos de forma non violenta.
- Fomentar e transmitir modelos non sexistas e de respeto á igualdade de mulleres e homes
É de gran relevancia o papel desempeñado polos movimentos de mulleres nos distintos momentos históricos, os movimentos en pro dos dereitos da muller, empezando polo movimento sufragista iniciado en Inglaterra a mitad do século XIX e que reivindicaban o dereito ó voto ata outros movimentos que existiron ó longo do tempo. Estas voces e a denuncia en contra da violencia exercida contra as mulleres, que se percibía e estaba lexitimada tanto no medio social como no medio doméstico fixo posible un cambio nas mentalidades, na visibilización desta lacra social e na toma de medidas lexislativas dos distintos gobernos e de compromisos para a erradicación da violencia.
As asociacións de mulleres de Ferrol, facemos un chamamento a todos e a todas para que non toleren nas súas relacións tanto públicas como privadas, ningunha afrenta a súa dignidade e integridade, sumándonos á defensa de cantas iniciativas institucionais e locais tendan a erradicación da violencia de xénero.
Facemos unha importante aposta polos BOS TRATOS, POLA PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO e pola sensibilización dos cidadás e cidadans.
Queremos unha vida libre de violencia e de calquera tipo de discriminación, éste é un lema que move ás asociacións e a o que aspiramos nas nosas actividades do día a día.
Pérgola do recordo
O 25 de maio, venres, ACTO DE REPULSA EN CONTRA DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
As 11 horas, no xardín de San Francisco.
As 11:30 horas, lectura dun manifesto na entrada do Concello.
Contamos coa vosa participación e agradecemos a difusión deste acto que representa a expresión da solidariedade e da sensibilización da poboación de Ferrol en contra de todo tipo de violencia exercida ás mulleres.
Verónica Casal Míguez
Concelleira de Igualdade
Lerán o comunicado as distintas asociacións de mulleres do Concello de Ferrol
Programa de conciliación - Respirando
Máis artigos...
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL