CE Ferrol / Orientación

Orientación

Datos de Usuario


* Utiliza un nome de usuario que podas recordar facilmente.

  Confirma a Contrasinal

Muller Home Sen especificar * Selecciona «Sen especificar» se non desexas facilitar o teu xénero

* Se tes menos de 18 anos contacta directamente co Centro de Emprego

Datos de Contacto

* É importante que escriba correctamente su correo electrónico, empregaremos dito correo electrónico para contactar con vostede

Lin e acepto a política de privacidade e protección de datos Leer



Aviso legal: Política de privacidade e de protección de datos

Debe ler atentamente e aceptar a política de privacidade e de protección de datos que se detalla a seguir:

Responsable dos datos

Titular: Concello de Ferrol
CIF: P-1503700-E
Dirección: Casa do Concello. Praza de Armas s/n. 15402 Ferrol
Página web: http://www.ferrol.es
Correo electrónico: informacion@ferrol.es

Finalidade do tratamento dos datos

A web do Centro de Emprego do Concello de Ferrol facilita información e presta servizos online ás persoas que buscan traballo e as empresas oferantes de emprego. A finalidade do tratamento dos datos é a xestión dos servizos de formación e orientación para o emprego, asesoramento ao emprendemento e intermediación laboral.

Tanto as persoas en busca de emprego como as empresas oferantes poden rexistrase e obter unha conta na web do Centro de Emprego. As persoas usuarias rexistradas incorporanse á base de datos de bolsa de emprego local, e poden crear e modificar online os datos de carácter identificativo, persoal, perfil da demanda de emprego ou almacenar o CV en formato .pdf. As empresas rexistradas poden crear e modificar os datos de carácter indentificativo, ofertas de traballo ou ofertas de colaboración en prácticas.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados reservándose o Concello de Ferrol o dereito a excluir dos servizos a todo usuario que facilitara datos falsos.

Procedencia e estructura básica dos datos:

Das persoas usuarias

  • Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/Pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, correo electrónico, número de seguridade social.
  • Datos de características persoais: data e lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, estado civil, número de membros da unidade familiar, ingresos da unidade familiar, discapacidade/s (si/non, %)
  • Datos de formación: titulación, formación académica, ocupacional, complementaria, informática, idiomas, intereses formativos.
  • Datos de emprego: experiencia profesional, categoria, carnés profesionais, situacion laboral, cargas familiares, carnés de conducir e tipo, ocupacións solicitadas, preferencias no perfil da demanda de emprego , prestacións.

Das empresas:

  • Inclúe datos de carácter identificativo: CIF/NIE/NIF, nome e apelidos, razón social, teléfono, enderezo, correo electronico.

Destino dos datos:

Os datos recollidos nos formularios web de contacto para os servizos de formación, orientación e apoio ao emprendemento, así como, os das empresas oferantes rexistradas poden ser obxecto de tratamento estatístistico para, segundo a normativa específica, ser cedidos a outra administración pública para xustificar unha subvención, ou memorias e informes da actividade do centro.

Os datos das persoas usuarias rexistradas que forman parte da bolsa de emprego local, poden ser cedidos a empresas ou entidades oferentes de emprego no término municipal de Ferrol e comarca co fins de intermediación laboral.

Dereitos das persoas interesadas

Conforme ao disposto no Regulamento europeo de protección de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Serán incorporados aos ficheiros do Concello de Ferrol para a tramitación de solicitudes en materia de emprego e intemediación laboral relacionada cos servizos municipais para o emprego.

En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros, mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, nos termos establecidos nas citadas leis.

Contacto
Alta
Bolsa de emprego
Acceso
Bolsa de emprego