CE Ferrol / Orientación



Formulario de Contacto







Orientación

Orientación, información para o emprego

O Servizo de Orientación laboral do Concello de Ferrol, en colaboración co Servizo Público de Emprego de Galicia, orienta, informa e asesora ás persoas que buscan emprego e/ou formación así como as que, aínda estando empregadas desexen redefinir o seu perfil profesional ou as súas competencias profesionais a través do:

Se estás como demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPE) podes solicitar unha entrevista de orientación na oficina de emprego que che corresponda.

A entrevista de orientación consiste nunha atención personalizada dirixida á reflexión sobre o teu perfil profesional e as ocupacións ofertadas no mercado laboral, así como, que coñezas os recursos existentes e a súa utilización, coa finalidade de facilitar a toma decisións sobre o teu proxecto ocupacional e a emprender accións que te acheguen á consecución do teu obxectivo laboral.

Dependendo das túas necesidades individuais, podes acceder a realización dun Itinerario Personalizado de Inserción (IPI). O IPI é un proceso que articula unha serie de actividades encamiñadas a potenciar os recursos e competencias persoais  co obxectivo de acadar autonomía e empregabilidade.

Estas actividades son pactadas entre o orientador/a laboral e a persoa usuaria, e poden consistir en Adquisición de Habilidades, Desenvolvemento de Competencias, Manexo de Técnicas de Busca de Emprego, Motivación, etc. A duración máxima dun IPI é de 6 meses que pode ser ampliada por motivos excepcionais.

Se precisas axuda ou aclarar algunha dúbida podes contactar co noso equipo enviando o formulario de contacto.

A bolsa de emprego

Dende o Centro de Emprego do  Concello de Ferrol xestionamos unha base de datos coas persoas que procuran emprego e que están interesadas no servizo de intermediación laboral coas empresas que nos trasladan ofertas de traballo.

Para a empresa,

Este servizo gratuito ten como función principal a intermediación no mercado laboral, ofrecendo ás empresas que queran desenvolver un proceso selectivo, a derivación de persoas candidatas idóneas segundo as características profesionais e intereses, adaptadas as súas necesidades e a posibilidade de atopar a candidata adecuada para o seu posto.

As empresas que están buscando profesionais poden rexistrarse e enviar a súa oferta a través da web accedendo á área de empresa:  Rexistro empresa (link)

Para as persoas que buscan emprego,

Asi mesmo, para profesionais na procura de emprego e que se queran rexistrar na bolsa. O rexistro pode facerse vía web ou presencialmente no Centro de Emprego.

Para estar de alta na bolsa de emprego é obrigatorio ter o curriculum  vitae actualizado polo menos cada 6 meses. Unha vez transcurrido ese período debes poñerte en contacto co centro para manifestar que desexas continuar na situación de “alta”. Tamén podes comunicar modificacións ou actualizacións en calquera momento, neste caso, o prazo de 6 meses contará a partir da data de comunicación destas modificacións.

Para solicitar a “alta” en liña e subir o teu curriculum (importante: só admitido en formato pdf), cubre e envia o formulario de rexistro na bolsa de emprego e recibiras un correo electrónico de verificación

Se xa estas rexistrado/a, podes actualizar en liña os teus datos, curriculum ou comunicar que desexas continuar na situación de “alta”

Recursos útiles para a busca de emprego

Existen técnicas, medios, estratexias ou procedementos comprobados que nos van facilitar a nosa busca de emprego. Non son complicados, pero debemos coñecelos e usalos adecuadamente.

Un primeiro paso é analizar o que hai, a situación do noso contorno, os traballos que máis solicitan, os postos que máis se demandan. Tamén deberás dedicar atención á definición do teu obxectivo profesional ou ver como complementar a túa preparación fronte o mercado laboral.

O curriculo, a carta ou a entrevista son fundamentais para darte a coñecer e intentar convencer o/a empresario/a de que es a persoa que reúne o mellor perfil (calidades, formación, experiencia laboral... ) para ocupar un posto de traballo ofertado:


Contacto
Alta
Bolsa de emprego
Acceso
Bolsa de emprego