CE Ferrol / Novas

Novas

Aberto o proceso de selección das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019-2020.

Nova / Orientación / Formación14/11/2019

Este programa de inserción e emprego subvencionado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal, desenvolverase ata o 20 de outubro de 2020, e terá un total de 100 prazas.

Leer +

Aberto o proceso de selección das persoas participantes no Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019-2020.

As persoas interesadas en participar deberán dirixirse ao Centro de Emprego do Concello de Ferrol, sito na rúa Sagrada Familia 56. Estas persoas, ademais de atoparse en situación de desemprego e inscritas como tal na oficina de emprego do SPEG, deberán residir no Concello de Ferrol e atoparse dentro dalgún dos colectivos obxectivo do Programa Integrado para o Emprego do Concello de Ferrol, que son os seguintes:
    1. Persoas con discapacidade
    2. Persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social.
    3. Menores de 30 anos con baixa cualificación.
    4. Menores de 30 anos (non incluídos no grupo anterior).
    5. Persoas desempregadas maiores de 45 anos
    6. Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
    7. Mulleres.
    8. Persoas desempregadas de longa duración.
    9. Persoas inmigrantes.

O proceso de selección realizarase durante este mes de novembro e terá que estar rematado dentro da primeira metade do mes de decembro, para comezar as accións deste programa de seguido.

O obxectivo final deste Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol é mellorar a ocupabilidade e a integración das persoas participantes no mercado laboral, para o cal establece unha meta do 40% de inserción. Este programa desenvolverase como un plan integral no que se implementarán accións de diversa natureza:
    • Información, orientación e asesoramento.
    • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
    • Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
    • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
    • Fomento da capacidade emprendedora.
    • Prospección empresarial.
    • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
    • Formación para o emprego.
    • Prácticas profesionais non laborais en empresas.
    • Obradoiros sobre mobilidade laboral.

En canto á formación, establécense un total de 7 itinerarios provisionais, que poderán ser obxecto de variación durante o desenvolvemento do programa integrado para o emprego. Os itinerarios iniciais serán os seguintes.

Itinerario 1: Dependente de comercio
Itinerario 2: Xestión de almacén-reposición
Itinerario 3: Manipulación de produtos alimentarios
Itinerario 4: Camareira de pisos e limpeza de establecementos
Itinerario 5: Actividades polivalentes para construción e industria 4,0
Itinerario 6: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)
Itinerario 7: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408)

Os itinerarios 6 e 7 contarán cun certificado de profesionalidade, e no caso do itinerario 6, “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, as persoas interesadas deberán contar coa titulación requirida para acceder a este certificado de nivel 2.

O Programa integrado para o emprego do Concello de Ferrol contará coa colaboración de máis de 40 empresas e entidades de Ferrol e comarca para o seu desenvolvemento, especialmente na fase de práctica profesional non laboral en empresas, na formación e na inserción laboral

Por outra banda este programa conta cunha bolsa de asistencia ás accións para as persoas beneficiarias do mesmo. Esta bolsa está fixada en 5€ por día, e para obtela as persoas participantes, ademais da asistencia, deberán participar con aproveitamento no desenvolvemento do programa, e cumprir as normas que se determinen.

Levaranse a cabo medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, laboral, formativa e familiar adaptando, na medida do posible, os horarios das accións formativas á situación daqueles participantes con dificultades para acudir e ofrecendo a posibilidade de impartir algunha da formación on-line ou mediante un sistema mixto.  

981944195

emprego@ferrol.es


 

Convocatoria de cursos de Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos

Nova / Orientación / Formación / Emprendemento22/10/2019

Cursos de "Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos" para persoas en situación de desemprego. Ampliado prazo ata o 05/11/19

Leer +

Convocatoria de cursos de Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos

Os cursos se desenvolverá durante o mes de novembro de 2019

Os requirimentos para as persoas candidatas a participar nesta formación son:

• Estar en situación de desemprego inscritas no Servizo Publico de Emprego de Galicia, tanto no momento de presentación de solicitude de inscrición como no momento de inicio do curso.

• Estar empadroadas no Concello de Ferrol, e en caso de vacantes, terán prioridade as persoas que residan en concellos que formen parte da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol.

Para a selección teranse en conta os seguintes criterios:

1- Formación: máx. 2 puntos

Nivel máximo de formación certificado ou acreditado (non acumulable):

• Sen estudos, formación regrada da ESO, Formación Profesional básica e bacharelato, ou formación profesional para o emprego de competencias clave: 2 puntos

• Formación profesional regrada de ciclo medio, FPI, ciclo superior, FPII, ou formación profesional para o emprego de certificado de profesionalidade nivel 2 ou 3: 1 punto

• Estudos universitarios: 0 puntos.

2- Entrevista persoal: máx. 2 puntos

As persoas candidatas serán convocadas telefonicamente a unha entrevista persoal.

Na entrevista valorarase a capacidade para poder realizar esta formación, así como, o interese e motivación por traballar nos sectores relacionados con esta.

En caso de empate nas puntuacións: o desempate resolverase atendendo ao criterio de “rigoroso orde de entrada da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello”.

Presentación de solicitudes:

No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou a través da solicitude electrónica na sede do cidadán de www.ferrol.gal acompañada da seguinte documentación:

• Modelo de solicitude de inscrición

• Copia do DNI

• Certificado/volante de padrón para as persoas non empadroadas no Concello de Ferrol.

• Copia do título de formación máxima acreditable

• Copia do Currículum vitae

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 05 de novembro de 2019 (inclusive).

 

Máis información: https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/411

Curso Básico de prevención de riscos laborais no sector do metal.

Nova / Formación / Emprendemento22/10/2019

Para persoas en situación de desemprego

Leer +

Curso Básico de prevención de riscos laborais no sector do metal.

Tendo en conta as demandas da industria naval en canto á formación de prevención de riscos laborais das persoas traballadoras neste sector, prográmase un curso básico de prevención de riscos laborais para que estas persoas dispoñan da formación necesaria en prevención, no sector do metal, para desempeñar convenientemente as súas funcións no seu traballo. A dita formación aportará ás persoas traballadoras as ferramentas necesarias de coñecemento preventivo nos métodos de traballo.

    • Curso de “Prevención de riscos laborais no sector do metal”, de 76 horas de duración, en horario de mañá, 5 horas ao día. Para 20 persoas.
    • A desenvolver duran o mes de novembro de 2019.
Os requirimentos para as persoas candidatas a participar nesta formación son:
    • Estean en situación de desemprego inscritas no Servizo Publico de Emprego de Galicia, tanto no momento de presentación de solicitude de inscrición como no momento de inicio do curso.
    • Estean empadroadas no Concello de Ferrol, e en caso de vacantes, terán prioridade as persoas que residan en concellos que formen parte da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol.

Para a selección teranse en conta os seguintes criterios:
1- Formación: máx. 2 puntos
Nivel máximo de formación certificado ou acreditado (non acumulable):
    • Sen estudos: 0 puntos
    • Formación regrada da ESO, Formación Profesional básica e bacharelato, ou formación profesional para o emprego de competencias clave: 1 punto
    • Formación profesional regrada de ciclo medio, FPI, ciclo superior, FPII, e estudos universitarios, ou formación profesional para o emprego de certificado de profesionalidade nivel 2 ou 3: 2 puntos
2- Entrevista persoal: máx. 2 puntos
As persoas candidatas serán convocadas telefonicamente a unha entrevista persoal.
Na entrevista valorarase a capacidade para poder realizar esta formación, así como, o interese e motivación por traballar nos sectores relacionados con esta.
En caso de empate nas puntuacións: o desempate resolverase atendendo ao criterio de “rigoroso orde de entrada da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello”.

Presentación de solicitudes:
No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou a través da solicitude electrónica na sede do cidadán de www.ferrol.gal acompañada da seguinte documentación:
    • Modelo de solicitude de inscrición
    • Copia do DNI
    • Certificado/volante de padrón para as persoas non empadroadas no Concello de Ferrol.
    • Copia do título de formación máxima acreditable
    • Copia do Currículum vitae
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2019 (inclusive).

 

Networking de empresas no Centro de Emprego o pasado xoves 26 de setembro.

Nova / Emprendemento27/09/2019

Foi organizado por AJE Ferrolterra, coa colaboración do Concello de Ferrol, ECHO Catabois e AJA.

Leer +

Networking de empresas no Centro de Emprego o pasado xoves 26 de setembro.

Nesta actividade participaron máis de trinta empresas de Ferrol e Comarca co obxectivo ampliar os seus contactos e coñecer outras iniciativas que se desenvolven no territorio.

En quendas de 15 minutos as empresas xúntanse en pequenos grupos nos que presentan o seu proxecto e escoitan as presentacións do resto.

 

O pasado 29 de xullo de 2019 rematou o Obradoiro de Emprego Costa Verde

Nova / Emprendemento31/07/2019

Este proxecto, cofinanciado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, iniciouse o 30 de outubro de 2018

Leer +

O pasado 29 de xullo de 2019 rematou o Obradoiro de Emprego Costa Verde

Durante estes nove meses un total de 20 alumnos/as traballadores/as, xunto con un equipo técnico composto por un director/a, dous mestres de forestal, unha titora e unha administrativa, desenvolveron traballos de conservación e mellora de diversas parcelas verdes municipais agrupadas en catro localizacións.

Nas localizacións do "Cuartel de Prior" e da "Torilla", realizáronse traballos de: rozas, plantación, tratamentos fitosanitarios, e tratamentos de pragas. Pola súa parte no "Bosque Monumento a Torrente Ballester" fixéronse traballos de: rozas, apeo, e tratamento de pragas.

OE Costa Verde

Cunha ampliación do proxecto, no recentemente restaurado "Dique da Cabana" realizáronse traballos de roza.

Ademais da formación teórica, e dos traballos realizados, o proxecto incluíu unha serie de saídas didácticas relacionadas coa temática do mesmo. Foron as seguintes:

  • Centro de Formación y Experimentación Agroforestal de Guísamo
  • Centro de Investigación Forestal de Lourizán
  • Hifas da Terra (Bora, Pontevedra)
  • Horticina (Cerdido)
  • Arboredo e Horta de Conservación de Froiteiras (San Sadurniño)
  • Feria Internacional Forestal Asturforesta (Tineo, Asturias)

 

 

O Centro Municipal de Emprego estrea nova páxina web

Nova / Orientación / Emprendemento26/03/2019

A partir do día 27 de marzo o Centro de Emprego contará cunha nova páxina web realizada polo alumnado-traballador do Obradoiro de Emprego Costa Web

Leer +

O Centro Municipal de Emprego estrea nova páxina web

A nova web intenta ser máis intuitiva, contar con maior contido, e ter unha imaxe máis renovada da que se tiña ate o de agora.

O Centro de Emprego conta con esta páxina web cunha ferramenta na que poder informar á cidadanía en xeral das novas acaecidas en materia de emprego. Ademáis ,é unha ferramenta e fonte de información fundamental para as persoas que están en procesos de búsqueda ou mellora de emprego, xa que através da nova páxina web estarán informadas tanto de ofertas de emprego, coma de cursos ou accións formativas, programas e proxectos específicos para a inserción laboral, etc.

A nova web conta ademáis con información e apartados específicos en materia de emprendemento, nos que se ofrece información e orientación para a realización do Plan de Empresa, cóntase cunha ferramente web para estudar a viabilidade técnica dun negocio e  tense contacto directo co departamento de emprendemento.

As empresas colaboradoras co Centro de Emprego tamén contan co seu apartado específico de contacto,  xa sexa para facer calquera consulta técnica, solicitar a difusión dunha oferta de emprego e os servizos de intermediación laboral, ou colaborar para o establecemento de prácticas formativas.

A nova Web intenta cumplir cunha dobre función , ser unha ferramenta de utilidade para as persoas destinatarias dos programas tanto de emprego como de emprendemento, e ser unha ferramenta de difusión e información das accións que se realizan no centro de emprego.

Remata o Obradoiro de Emprego Costa Web

Nova / Emprendemento20/03/2019

O Obradoiro de Emprego de Garantía Xuvenil Costa Web remata a súa andaina despois de 6 meses de traballo e formación en materia de desenvolvemento web.

Leer +

Remata o Obradoiro de Emprego Costa Web

O próximo 27 de marzo darase por concluído o Obradoiro de Emprego “Costa Web” coa posta en funcionamento da nova páxina web do Centro Municipal de Emprego. Costa Web é un obradoiro de emprego dirixido a persoas mozas inscritas no fichero do sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O proxecto está financiado polo Fondo Social Europeo, a Xunta de Galicia e o Concello de Ferrol.

Dezaoito persoas demandantes de emprego menores de 30 anos e incluídas no Sistema de Garantía Xuvenil formaron parte dun proxecto de formación e emprego dende o 28 de setembro destinado tanto a formar as persoas no certificado nivel 3 de profesionalidade da especialidade  IFCD0210 “Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web” , coma á creacuión da nova páxina web do Centro de Emprego municipal.
O proxecto remata con resultados positivos para catorce persoas que conseguiron acceder á certificación total do curso,  dúas persoas obtiveron certificacións parciais, e outras dúas non puideron obter certificacións formativa. Hai que comentar asimesmo que o grupo o formaron doce mulleres e seis homes, dato importante nunha ocupación con clara traxectoria masculina, e dentro das tres baixas que se produciron ao longo do proxecto, dúas delas foron por inserción laboral.

A traxectoria formativa completouse coa incorporación de varios módulos transversais como foron formación en Prevención de Riscos Laborais, Sensibilización Ambiental, Igualdade de Xénero, Inserción Laboral e Creación de Empresas. Ao longo de todo o proxecto realizáronse accións de orientación, asesoramento e infomación para a búsuqueda de emprego a todo o alumnado-traballador, así como labores de prospección e intermediación laboral na derradeira fase do proxecto.

Entrega de diplomas do programa Ferrol Emprego Xuvenil no Centro Municipal de Emprego o pasado 28 de Febreiro

Nova04/03/2019

Os obxectivos do proxecto eran mellorar a capacitación profesional e promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación de accións de distinta natureza: infor

Leer +

Entrega de diplomas do programa Ferrol Emprego Xuvenil no Centro Municipal de Emprego o pasado 28 de Febreiro

 Os obxectivos do proxecto eran mellorar a capacitación profesional e promover a empregabilidade das persoas novas do Concello de Ferrol, a través da combinación de accións de distinta natureza: información e orientación laboral, itinerarios formativo profesionais e prácticas en empresa, accións de dinamización para o emprego, prospección empresarial, intermediación laboral e apoio na busca de emprego.

Foi este un proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo, no marco do Programa Operativo de Emprego Xuvenil. As persoas participantes -15 por cada un dos 5 itinerarios, 75 prazas en total, formáronse en sectores estratéxicos cunha alta demanda no mercado laboral:

  • Persoal experto en Atención Sociosanitaria a persoas no domicilio (680 horas)
  • Auxiliar de cociña e restauración (605 horas)
  • Especialista en preparación e venda de produtos cárnicos frescos (565 horas)
  • Especialista en preparación e venda de peixes frescos (555 horas)
  • Auxiliar de comercio, almacén e loxística (590 horas)

Os itinerarios formativos contaron coa seguinte formación transversal:

  • Inglés específico por sectores de actividade.
  • Manipulación de alimentos.
  • Prevención de riscos laborais (básico e específico por sector de actividade).
  • Formación para a igualdade.
  • Novas tecnoloxías.
  • Alerxias e intolerancias alimentarias.
  • Manexo e resolución de conflitos.

Desde o pasado mes de setembro desenvolvéronse as prácticas profesionais non laborais: de 120 a 255 horas, coa colaboración de máis de 40 centros de traballo radicados na comarca de Ferrol, nas que tomaron parte un total de 49 participantes en sectores como: alimentación (carnizaría, peixaría e reposición), téxtil, electrónica de consumo, xoguetes, deportes, cooperativas (agrotendas e supermercados), grandes superficies, construción, decoración, paquetería, restaurantes e atención á dependencia.

Simultaneamente, realizouse a labor de intermediación laboral por parte do equipo do proxecto axustando as candidaturas ás características solicitadas polas empresas.

Como resultado, podemos falar de niveis de inserción que superan o 60% (31 persoas das 46 que finalizaron os itinerarios formativos traballan ou traballaron no período , e con boas perspectivas de cara ao futuro.

Cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

Nova29/01/2019

Pechado o prazo para a inscrición na segunda edición do Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións

Leer +

Cursos de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais

O Concello de Ferrol ten previsto realizar a segunda edición do curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, nas instalacións do Centro de Emprego, en horario de 14.30 a 19.30 horas. Cunha duración de 468 horas, comezará o 18 de febreiro de 2019.
As persoas que cursaron a solicitude dentro do prazo de inscrición terán que acudir a unha proba de selección o martes 12 de febreiro de 2019, ás 9.30h, no Centro de Emprego do Concello de Ferrol.

Esta formación está cofinanciada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria e polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social.

Este curso ten certificado de profesionalidade de nivel 2, polo que para ter acceso á inscrición é necesario contar coa titulación de ESO ou equivalente, as competencias clave de nivel 2, ou estar en posesión de certificado de profesionalidade de nivel 1 na mesma familia profesional.

O prazo de solicitude esta aberto do 30 de xaneiro ao 06 de febreiro de 2019. As persoas interesadas deberán constar como desempregadas e estar inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG) Xunta de Galicia, e deberán presentar unha solicitude no Centro de Emprego, achegando a seguinte documentación:

  • solicitude (DESCARGAR);
  • copia DNI/NIE;
  • copia tarxeta de demandante de emprego;
  • copia da titulación requirida para o acceso a Nivel 2;
  • Curriculum Vitae actualizado;
  • certificado ou volante de empadroamento.


Máis información: 981944195
emprego@ferrol.es

AFD

Sistema de Garantía Xuvenil

Formación02/02/2015

Aberto o prazo de inscrición para o Sistema de Garantía Xuvenil.

Leer +

Sistema de Garantía Xuvenil

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que ten como obxectivo facilitar o acceso dos mozos/as con menos de 25 anos (30 anos mentres a taxa de desemprego non baixe do 20%) ao mercado de traballo. En España é parte da estratexia empresarial da Xuventude adoptada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A recomendación sobre a Garantía da Xuventude establece que os mozos/as con menores de 25 anos, poderán recibir unha oferta de emprego, educación ou formación tras concluír os seus estudos ou de estar desempregado.

Información:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

Inscrición:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

Portal do Programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia:
http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/
 

Buscador