CE Ferrol / Formación

Sistema de Garantía Xuvenil

A Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que ten como obxectivo facilitar o acceso dos mozos/as con menos de 25 anos (30 anos mentres a taxa de desemprego non baixe do 20%) ao mercado de traballo. En España é parte da estratexia empresarial da Xuventude adoptada en febreiro de 2013 polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. A recomendación sobre a Garantía da Xuventude establece que os mozos/as con menores de 25 anos, poderán recibir unha oferta de emprego, educación ou formación tras concluír os seus estudos ou de estar desempregado.

Información:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/home.html

Inscrición:
http://www.empleo.gob.es/es/garantiajuvenil/darsealta.html

Portal do Programa de Garantía Xuvenil da Xunta de Galicia:
http://garantiaxuvenil.xunta.es/gaxuve/gl/
 

Convocatoria de cursos de Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos

Os cursos se desenvolverá durante o mes de novembro de 2019

Os requirimentos para as persoas candidatas a participar nesta formación son:

• Estar en situación de desemprego inscritas no Servizo Publico de Emprego de Galicia, tanto no momento de presentación de solicitude de inscrición como no momento de inicio do curso.

• Estar empadroadas no Concello de Ferrol, e en caso de vacantes, terán prioridade as persoas que residan en concellos que formen parte da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol.

Para a selección teranse en conta os seguintes criterios:

1- Formación: máx. 2 puntos

Nivel máximo de formación certificado ou acreditado (non acumulable):

• Sen estudos, formación regrada da ESO, Formación Profesional básica e bacharelato, ou formación profesional para o emprego de competencias clave: 2 puntos

• Formación profesional regrada de ciclo medio, FPI, ciclo superior, FPII, ou formación profesional para o emprego de certificado de profesionalidade nivel 2 ou 3: 1 punto

• Estudos universitarios: 0 puntos.

2- Entrevista persoal: máx. 2 puntos

As persoas candidatas serán convocadas telefonicamente a unha entrevista persoal.

Na entrevista valorarase a capacidade para poder realizar esta formación, así como, o interese e motivación por traballar nos sectores relacionados con esta.

En caso de empate nas puntuacións: o desempate resolverase atendendo ao criterio de “rigoroso orde de entrada da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello”.

Presentación de solicitudes:

No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou a través da solicitude electrónica na sede do cidadán de www.ferrol.gal acompañada da seguinte documentación:

• Modelo de solicitude de inscrición

• Copia do DNI

• Certificado/volante de padrón para as persoas non empadroadas no Concello de Ferrol.

• Copia do título de formación máxima acreditable

• Copia do Currículum vitae

 

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 05 de novembro de 2019 (inclusive).

 

Máis información: https://www.ferrol.gal/Sede/TaboleiroAnunciosAmpliar/411

Curso Básico de prevención de riscos laborais no sector do metal.

Tendo en conta as demandas da industria naval en canto á formación de prevención de riscos laborais das persoas traballadoras neste sector, prográmase un curso básico de prevención de riscos laborais para que estas persoas dispoñan da formación necesaria en prevención, no sector do metal, para desempeñar convenientemente as súas funcións no seu traballo. A dita formación aportará ás persoas traballadoras as ferramentas necesarias de coñecemento preventivo nos métodos de traballo.

    • Curso de “Prevención de riscos laborais no sector do metal”, de 76 horas de duración, en horario de mañá, 5 horas ao día. Para 20 persoas.
    • A desenvolver duran o mes de novembro de 2019.
Os requirimentos para as persoas candidatas a participar nesta formación son:
    • Estean en situación de desemprego inscritas no Servizo Publico de Emprego de Galicia, tanto no momento de presentación de solicitude de inscrición como no momento de inicio do curso.
    • Estean empadroadas no Concello de Ferrol, e en caso de vacantes, terán prioridade as persoas que residan en concellos que formen parte da Mancomunidade Concellos da Comarca de Ferrol.

Para a selección teranse en conta os seguintes criterios:
1- Formación: máx. 2 puntos
Nivel máximo de formación certificado ou acreditado (non acumulable):
    • Sen estudos: 0 puntos
    • Formación regrada da ESO, Formación Profesional básica e bacharelato, ou formación profesional para o emprego de competencias clave: 1 punto
    • Formación profesional regrada de ciclo medio, FPI, ciclo superior, FPII, e estudos universitarios, ou formación profesional para o emprego de certificado de profesionalidade nivel 2 ou 3: 2 puntos
2- Entrevista persoal: máx. 2 puntos
As persoas candidatas serán convocadas telefonicamente a unha entrevista persoal.
Na entrevista valorarase a capacidade para poder realizar esta formación, así como, o interese e motivación por traballar nos sectores relacionados con esta.
En caso de empate nas puntuacións: o desempate resolverase atendendo ao criterio de “rigoroso orde de entrada da solicitude de inscrición no Rexistro Xeral do Concello”.

Presentación de solicitudes:
No Rexistro Xeral do Concello de Ferrol ou a través da solicitude electrónica na sede do cidadán de www.ferrol.gal acompañada da seguinte documentación:
    • Modelo de solicitude de inscrición
    • Copia do DNI
    • Certificado/volante de padrón para as persoas non empadroadas no Concello de Ferrol.
    • Copia do título de formación máxima acreditable
    • Copia do Currículum vitae
Prazo de presentación de solicitudes:
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2019 (inclusive).

 

A Xunta de Galicia convoca as probas libres de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.

Convócanse probas nos dous niveis de cualificación profesional 2 e 3, nas seguintes competencias clave:

  • Comunicación en lingua galega.
  • Comunicación en lingua castelá.
  • Comunicación en lingua estranxeira (inglés).
  • Competencia matemática

 

A Publicación da lista provisional de admitidos será o 20 de abril de 2020, a lista definitiva de admitidos publicarase o 7 de maio de 2020, e os exames serán o sábado 16 de maio de 2020.

Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019-2020.

O Programa Integrado para o Emprego do Concello de Ferrol, esta dirixido aos seguintes colectivos:
    1. Persoas con discapacidade
    2. Persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia e persoas en risco de exclusión social.
    3. Menores de 30 anos con baixa cualificación.
    4. Menores de 30 anos (non incluídos no grupo anterior).
    5. Persoas desempregadas maiores de 45 anos
    6. Persoas desempregadas perceptoras de prestacións, subsidios por desemprego ou renda activa de inserción.
    7. Mulleres.
    8. Persoas desempregadas de longa duración.
    9. Persoas inmigrantes.

O proceso de selección realizarase durante este mes de novembro e terá que estar rematado dentro da primeira metade do mes de decembro, para comezar as accións deste programa de seguido.

O obxectivo final deste Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol é mellorar a ocupabilidade e a integración das persoas participantes no mercado laboral, para o cal establece unha meta do 40% de inserción. Este programa desenvolverase como un plan integral no que se implementarán accións de diversa natureza:
    • Información, orientación e asesoramento.
    • Formación transversal en novas tecnoloxías e/ou idiomas.
    • Técnicas de coaching, intelixencia emocional, e técnicas de motivación para a busca de emprego, tanto por conta propia como allea.
    • Habilidades sociolaborais e obradoiros de entrevista.
    • Fomento da capacidade emprendedora.
    • Prospección empresarial.
    • Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas demandantes de emprego participantes.
    • Formación para o emprego.
    • Prácticas profesionais non laborais en empresas.
    • Obradoiros sobre mobilidade laboral.

En canto á formación, establécense un total de 7 itinerarios provisionais, que poderán ser obxecto de variación durante o desenvolvemento do programa integrado para o emprego. Os itinerarios iniciais serán os seguintes.

Itinerario 1: Dependente de comercio
Itinerario 2: Xestión de almacén-reposición
Itinerario 3: Manipulación de produtos alimentarios
Itinerario 4: Camareira de pisos e limpeza de establecementos
Itinerario 5: Actividades polivalentes para construción e industria 4,0
Itinerario 6: Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (SSCS0208)
Itinerario 7: Operacións auxiliares de servizos administrativos e xerais (ADGG0408)

Os itinerarios 6 e 7 contarán cun certificado de profesionalidade, e no caso do itinerario 6, “atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais”, as persoas interesadas deberán contar coa titulación requirida para acceder a este certificado de nivel 2.

O Programa integrado para o emprego do Concello de Ferrol contará coa colaboración de máis de 40 empresas e entidades de Ferrol e comarca para o seu desenvolvemento, especialmente na fase de práctica profesional non laboral en empresas, na formación e na inserción laboral

Por outra banda este programa conta cunha bolsa de asistencia ás accións para as persoas beneficiarias do mesmo. Esta bolsa está fixada en 5€ por día, e para obtela as persoas participantes, ademais da asistencia, deberán participar con aproveitamento no desenvolvemento do programa, e cumprir as normas que se determinen.

Levaranse a cabo medidas que faciliten a conciliación da vida persoal, laboral, formativa e familiar adaptando, na medida do posible, os horarios das accións formativas á situación daqueles participantes con dificultades para acudir e ofrecendo a posibilidade de impartir algunha da formación on-line ou mediante un sistema mixto.  

981944195

emprego@ferrol.es


 

formación

Formación, cursos e programas para o emprego

A formación é un elemento clave na ocupabilidade das persoas fronte a un mercado de traballo dinámico e que debe adaptarse a pequenas transformacións. O proceso de aprendizaxe permitirache adquirir novos coñecementos e habilidades fronte o emprego ou facilitar un proceso de adecuación das túas capacidades a novas oportunidades laborais.

Formación con prazo aberto

Preme no título do curso para obter máis información. No detalle de cada curso atoparás as instrucións para realizar unha solicitude (requisitos, contacto, modelo de solicitude, documentación a presentar, etc.)

Tamén podes cubrir e enviar o formulario de contacto que atoparás na parte inferior desta páxina, indicando o teu interese nun curso ou facéndonos chegar as túas dúbidas.

Curso Data límite Estado
Sistema de Garantía Xuvenil-Aberto
Convocatoria de cursos de Manipulador de alimentos e xestión de alérxenos05/11/2019Pechado
Curso Básico de prevención de riscos laborais no sector do metal.31/10/2019Pechado
A Xunta de Galicia convoca as probas libres de avaliación en competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 e 3.20/03/2020Pechado
Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2019-2020.18/12/2019Pechado
Información e preinscripción


* Cubra unha solicitude por cada programa ou curso
* Cubra e envíe o seguinte formulario.
* O noso equipo contactará con vostede.

Datos persoais

Home Muller Sen especificar Selecciona «Sen especificar» se non desexas facilitar o teu xénero.

* Se tes menos de 18 anos contacta directamente co Centro de Emprego

Datos de contacto

É importante que escribas correctamente o teu correo electrónico, empregaremos dito correo electrónico para confirmar o rexistro ou para contactar contigo


* Debe aceptar a politica de privacidade para que se active o botón de envio



Aviso legal: Política de privacidade e de protección de datos

Debe ler atentamente e aceptar a política de privacidade e de protección de datos que se detalla a seguir:

Responsable dos datos

Titular: Concello de Ferrol
CIF: P-1503700-E
Dirección: Casa do Concello. Praza de Armas s/n. 15402 Ferrol
Página web: http://www.ferrol.es
Correo electrónico: informacion@ferrol.es

Finalidade do tratamento dos datos

A web do Centro de Emprego do Concello de Ferrol facilita información e presta servizos online ás persoas que buscan traballo e as empresas oferantes de emprego. A finalidade do tratamento dos datos é a xestión dos servizos de formación e orientación para o emprego, asesoramento ao emprendemento e intermediación laboral.

Tanto as persoas en busca de emprego como as empresas oferantes poden rexistrase e obter unha conta na web do Centro de Emprego. As persoas usuarias rexistradas incorporanse á base de datos de bolsa de emprego local, e poden crear e modificar online os datos de carácter identificativo, persoal, perfil da demanda de emprego ou almacenar o CV en formato .pdf. As empresas rexistradas poden crear e modificar os datos de carácter indentificativo, ofertas de traballo ou ofertas de colaboración en prácticas.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados reservándose o Concello de Ferrol o dereito a excluir dos servizos a todo usuario que facilitara datos falsos.

Procedencia e estructura básica dos datos:

Das persoas usuarias

  • Datos de carácter identificativo: DNI/NIF/Pasaporte, nome e apelidos, teléfono, enderezo, correo electrónico, número de seguridade social.
  • Datos de características persoais: data e lugar de nacemento, sexo, nacionalidade, estado civil, número de membros da unidade familiar, ingresos da unidade familiar, discapacidade/s (si/non, %)
  • Datos de formación: titulación, formación académica, ocupacional, complementaria, informática, idiomas, intereses formativos.
  • Datos de emprego: experiencia profesional, categoria, carnés profesionais, situacion laboral, cargas familiares, carnés de conducir e tipo, ocupacións solicitadas, preferencias no perfil da demanda de emprego , prestacións.

Das empresas:

  • Inclúe datos de carácter identificativo: CIF/NIE/NIF, nome e apelidos, razón social, teléfono, enderezo, correo electronico.

Destino dos datos:

Os datos recollidos nos formularios web de contacto para os servizos de formación, orientación e apoio ao emprendemento, así como, os das empresas oferantes rexistradas poden ser obxecto de tratamento estatístistico para, segundo a normativa específica, ser cedidos a outra administración pública para xustificar unha subvención, ou memorias e informes da actividade do centro.

Os datos das persoas usuarias rexistradas que forman parte da bolsa de emprego local, poden ser cedidos a empresas ou entidades oferentes de emprego no término municipal de Ferrol e comarca co fins de intermediación laboral.

Dereitos das persoas interesadas

Conforme ao disposto no Regulamento europeo de protección de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Serán incorporados aos ficheiros do Concello de Ferrol para a tramitación de solicitudes en materia de emprego e intemediación laboral relacionada cos servizos municipais para o emprego.

En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros, mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, nos termos establecidos nas citadas leis.

LunMarMerXovVenSabDom