
Empresa, servizos para ás empresas de Ferrol
As empresas do municipio de Ferrol tamén poden beneficiarse dos servizos que ofrecemos no Centro de Emprego como apoio á mellora da súa competitividade:
- Información de axudas e subvencións.
- Formación especializada.
- Bolsa de emprego
- Busca e preselección de candidaturas.
- Localización do perfil axeitado á ocupación
- Publicitar as ofertas de emprego
Para calquera consulta podes contactar co noso equipo enviando o formulario de contacto da web ou nos teléfonos do Centro de Emprego.
Necesita persoal? A túa disposción a bolsa de emprego local
Dende o Centro de Emprego do Concello de Ferrol xestionamos unha Bolsa de Emprego coas persoas que buscan emprego e que están interesadas no servizo de intermediación laboral.
O servizo de intermediación laboral pretende, mediante o traballo conxunto coas empresas locais en temas de contratación e colocación, responder de forma eficaz ás necesidades en materia de persoal. Este intercambio de información sobre as ofertas de emprego e as persoas candidatas permite definir as competencias e habilidades que a empresa necesita para cubrir as vacantes en cada momento.
Ademais se así comunícalo, para aquelas ofertas que non poidan ser cubertas a través da Bolsa de Emprego, podemos publicitalas no espazo dedicado da web ás ofertas de traballo e xestionar as solicitudes recibidas.
Servizos online para empresas
Rexistra en liña a túa empresa e de forma sinxela, a calquera hora, desde calquera sitio entrando na área privada poderás:
- Enviarnos as túas consultas
- Actualizar os datos de contacto da empresa
- Modificar, eliminar ou activar as ofertas de traballo
- Modificar, eliminar ou activar propostas de colaboración para prácticas