CE Ferrol / Emprende



Formulario de Contacto







Emprende

Emprende, asesoramento para iniciar o teu negocio

O servizo de asesoramento ao emprendemento do Concello de Ferrol, que forma parte da Rede de Técnicos de Emprego da Xunta de Galicia, está dirixido as persoas que valoran a opción do autoemprego para acceder ao mercado laboral ou que consideran a posibilidade de emprender unha actividade por conta propia.

Desde o momento inicial da xestación da idea, pasando polo proceso de definila e darlle forma para que poida ser levada a cabo, xorden preguntas e necesidades de información:

No Centro de Emprego poñemos a túa disposición asesoramiento e orientación individualizado, sempre atendendo a túa situación particular , co obxectivo de aclararche estas dúbidas habituais no momento de emprender ou apoiarte no proceso de elaboración do teu plan de negocio.

Se desexas unha cita co noso equipo cobre e envía o formulario de contacto indicándonos brevemente o motivo, ou motivos, da túa solicitude.

Ferramenta de viabilidade de proxectos empresariais

Desde o Concello de Ferrol poñemos á vosa disposición online unha ferramenta de análise da viabilidade dos vosos proxectos e ideas de negocio.

Esta ferramenta xorde da experiencia adquirida a través do servizo de información e asesoramento personalizado prestado polo Concello a aqueles persoas emprendedoras que buscan un lugar onde poder facer consultas sobre a viabilidade de poñer en marcha unha nova iniciativa empresarial.

A ferramenta contén información das vantaxes e limitacións de cada forma xurídica e dos factores que debes ter en conta no momento de decidirte por unha delas. Tamén facilita un esquema de cálculo para que poidas aproximarte, identificar e valorar o investimento inicial do teu proxecto.

Pulsa no icono da ferramenta de viabilidade para iniciar a aplicación.

Recursos de apoio ao emprendemento

Contacto
Ferramenta de viabilidade da idea de negocio
Área de Empresa