CE Ferrol / Inicio



Aviso legal: Política de privacidade e de protección de datos

Debe ler atentamente e aceptar a política de privacidade e de protección de datos que se detalla a seguir:

Responsable dos datos

Titular: Concello de Ferrol
CIF: P-1503700-E
Dirección: Casa do Concello. Praza de Armas s/n. 15402 Ferrol
Página web: http://www.ferrol.es
Correo electrónico: informacion@ferrol.es

Finalidade do tratamento dos datos

A web do Centro de Emprego do Concello de Ferrol facilita información e presta servizos online ás persoas que buscan traballo e as empresas oferantes de emprego. A finalidade do tratamento dos datos é a xestión dos servizos de formación e orientación para o emprego, asesoramento ao emprendemento e intermediación laboral.

Tanto as persoas en busca de emprego como as empresas oferantes poden rexistrase e obter unha conta na web do Centro de Emprego. As persoas usuarias rexistradas incorporanse á base de datos de bolsa de emprego local, e poden crear e modificar online os datos de carácter identificativo, persoal, perfil da demanda de emprego ou almacenar o CV en formato .pdf. As empresas rexistradas poden crear e modificar os datos de carácter indentificativo, ofertas de traballo ou ofertas de colaboración en prácticas.

O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados reservándose o Concello de Ferrol o dereito a excluir dos servizos a todo usuario que facilitara datos falsos.

Procedencia e estructura básica dos datos:

Das persoas usuarias

Das empresas:

Destino dos datos:

Os datos recollidos nos formularios web de contacto para os servizos de formación, orientación e apoio ao emprendemento, así como, os das empresas oferantes rexistradas poden ser obxecto de tratamento estatístistico para, segundo a normativa específica, ser cedidos a outra administración pública para xustificar unha subvención, ou memorias e informes da actividade do centro.

Os datos das persoas usuarias rexistradas que forman parte da bolsa de emprego local, poden ser cedidos a empresas ou entidades oferentes de emprego no término municipal de Ferrol e comarca co fins de intermediación laboral.

Dereitos das persoas interesadas

Conforme ao disposto no Regulamento europeo de protección de datos persoais e na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, os seus datos serán tratados de xeito confidencial. Serán incorporados aos ficheiros do Concello de Ferrol para a tramitación de solicitudes en materia de emprego e intemediación laboral relacionada cos servizos municipais para o emprego.

En calquera momento poderá exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición aos datos persoais rexistrados nestes ficheiros, mediante escrito que deberá presentar no Rexistro Xeral do Concello de Ferrol, nos termos establecidos nas citadas leis.

LunMarMerXovVenSabDom