A artista Marta Aramendia Catalán (Pamplona, 1980) expón desde o 10 de maio ata o 31 de maio na Casa da Muller (Rúa Lugo 56)unha mostra de cadros de taracea que poderá visitarse de forma gratuita no horario habitual da citada instalación, tanto pola mañá como pola tarde.
Marta Aramendia é licenciada en Belas Artes pola Universidade da Laguna (Tenerife) e completou os seus estudos na Escola de Artes Plásticas Mestre Mateo de Santiago de Compostela. Na súa traxectoria profesional, foi aprendiz nun desaparecido obradoiro artesanal da cidade realizando asimesmo diversos traballos no arte de taracea e diferentes exposicións.