| |
|
Que é o Programa Urban?
O "Proxecto para a rexeneración urbana dos barrios
históricos de orixe da cidade marítima de Ferrol”
promovido polo Concello de Ferrol,e aprobado por
unanimidade en sesión plenaria da Corporación
Municipal, é xa unha realidade trala inclusión deste
proxecto dentro da Iniciativa Urbana (URBAN), cofinanciada
nun 70% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento
Rexional (FEDER) para o período de
programación de fondos comunitarios 2007-2013,
cun orzamento total de 11.433.590 euros.
O obxectivo da iniciativa comunitaria URBAN é a rexeneración
social e económica das cidades e dos barrios
co fin de promover un desenvolvemento urbano
sostible a través de modelos innovadores, concedendo
unha forte énfase ao proceso de cooperación
e á participación dos axentes locais.
As actuacións do URBAN FERROL destínanse a:
- facilitar a integración física, funcional, social e económica
dos barrios
- mellorar a empregabilidade da poboación feminina
e da mocidade
- apoiar a rexeneración do tecido económico e fomentar
a iniciativa empresarial e comercial
- incrementar o nivel de servizos á poboación co fin
de mellorar as súas condicións de vida e atraer nova
poboación que rexenere demograficamente estes
barrios
- desenvolver accións de mellora ambiental,de promoción
da mobilidade sostible e de incremento de
infraestruturasrenovar edificios e espazos públicos
- promover iniciativas locais en favor do emprego
- mellorar os sistemas de educación e formación en
beneficio das persoas desfavorecidas
- desenvolver sistemas máis eficaces de xestión dos
recursos enerxéticos e do uso de enerxías renovables
- aproveitar o potencial que ofrecen as tecnoloxías
da sociedade da información.
Máis información
|
|
|