BASES

“TAPÉATE FERROL 2018” (do 8 ao 18 de novembro)

O Concello de Ferrol en colaboración coa Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol e coa Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas, organiza a acción promocional Tapéate Ferrol 2018.

PARTICIPANTES

Poderán participar os establecementos hostaleiros en activo localizados en Ferrol que dispoñan de barras nos seus establecementos onde sirvan habitualmente pinchos e/ou tapas aos seus clientes.

O obxecto desta promoción dar a coñecer a riqueza gastronómica de Ferrol e as distintas propostas dos nosos establecementos entre os cidadáns e visitantes así como animar a actividade da cidade en tempada baixa.

A inscrición realizarase ata as 14:00 h. do 26 de outubro, mediante a presentación de solicitude de participación na que conste o nome do local, o seu teléfono, o nome da tapa e unha fotografía da tapa proposta. A dita presentación deberá realizarse en man na sede da Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas (rúa Real 73-75, 2º Dta) o por correo electrónico a hosteferrol@hosteferrol.org

A inscrición neste Concurso supón a aceptación das actuais Bases, así como das eventuais instrucións de participación.

DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO
  1. Durante o período do evento, do 8 ao 18 de novembro, os locais participantes ofertarán ao público, ó mediodía, durante o servizo de comidas, e pola noite, durante o servizo de ceas, a tapa sinalada na inscrición. A tapa poderá ser doce ou salgada.
  2. Os ingredientes das tapas inscritas, e a materia prima da súa elaboración serán libres, aínda que deberán ser produtos galegos, da nosa Comarca, xa que se pretende que o Tapéate Ferrol sirva para promoción da saborosa e variada gastronomía local.
  3. O prezo de venta ao público da tapa será de 3€, sen bebida.
  4. Cada establecemento poderá participar presentando unha única tapa ao concurso.
  5. Non se poderá inscribir unha tapa ou pincho presentado en anteriores edicións ou en outros concursos gastronómicos de calquera índole.
  6. Os locais recibirán as urnas das votacións cun adhesivo coa imaxe de Tapéate Ferrol no momento da súa inscrición no concurso.
  7. Cada local participante fará promoción do concurso Tapéate Ferrol colgando no interior do seu local, en lugar ben visible, o cartel do evento e facendo promoción do mesmo nas redes sociais nas que teña conta (Facebook, Twitter, etc) e na súa páxina web, de tela.
    Igualmente, os locais participantes distribuirán entre os seus clientes mapas con todos os establecementos de hostalaría participantes nesta edición do Tapéate Ferrol e tarxetas específicas coa imaxe do Tapéate, onde os consumidores deberán escribir os seus datos de contacto e tapa favorita para participar nun sorteo.

    Para que a participación dos clientes no sorteo sexa válida o cartón a depositar en calquera das urnas dispostas nos establecementos participantes, deberá levar os cuños de catro locais participantes diferentes.
  8. Outorgarase un galardón especial do público por valor de 300€ e tres premios do xurado, por importe de 500, 400 e 300 € respectivamente. Os establecementos que o consideren poderán optar só ao premio do público.
  9. O días 19 e 20 de novembro os establecementos participantes entregarán as urnas á Asociación de Empresarios de Hostalaría, cuxo persoal, o día 26 de novembro, ás 10:00 h. realizará a súa apertura e o reconto de votos, xunto coa xerente da Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol S.A., quen levantará acta dos resultados. Este acto de apertura das urnas e reconto dos votos será para o premio do público.
  10. O día 8 de Novembro será a presentación oficial do Tapéate e os establecementos participantes terán que presentar a sua tapa antes das 12:00 h, no Hotel Carris Almirante onde estará o xurado e a prensa.
  11. O Xurado avaliará as tapas durante o período do evento, realizando unha visita sorpresa polos establecementos participantes.

    O xurado non pagará por probar as tapas preseleccionadas e estas irán acompañadas dun curto de viño, cervexa ou auga exclusivamente (este gasto correrá a conta dos propios establecementos). Se algún membro do xurado pide outra consumición deberá abonala no acto. A Asociación de Hostalaría correrá con calquera outro gasto que poida xurdir pola participación do xurado no concurso.

    A decisión do Xurado e o establecemento gañador resultante da votación dos consumidores das tapas darase a coñecer nunha data que comunicaremos posteriormente, nun acto de entrega de premios aos gañadores que se desenvolverá no Concello de Ferrol. A Sociedade Mixta de Turismo porase en contacto cos premiados con anterioridade para que poidan asistir ao acto.

  12. O xurado estará composto por tres membros, expertos en temas gastronómicos, propostos pola Asociación de Empresarios de Hostalaría. Actuará como secretario, sen voto, un representante da Asociación de Hostalaría de Ferrol e Comarcas.

    Os criterios de avaliación serán:

    • Presentación
    • Elaboración
    • Degustación
    • Uso de produtos autóctonos

    O secretario levantará acta da decisión dos membros do xurado. Os membros do xurado non poderán haber participado en outras edicións do Tapéate Ferrol.

  13. O premio do público será para a tapa que obteña maior número de votos no reconto ao que se refire o punto 9. A obtención de dito premio é compatible coa súa participación nos premios do xurado.
  14. Os clientes maiores de idade dos locais de hostalaría inscritos en Tapéate Ferrol, terán a opción de participar no sorteo de bonos dunha actividade turística en Ferrolterra, por valor de 100€ cada bono, indicando nas tarxetas do concurso dispoñibles a súa tapa favorita. Este sorteo será público e terá lugar na sede da Asociación de Empresarios de Hostalaría, o día 15 de novembro, ás 10:30 h.

    A Sociedade Mixta de Turismo porase en contacto telefónico cos premiados a través do número facilitado por estes nas tarxetas. No caso de que non se localice a algún dos gañadores ou o gañador renuncie o premio, este perderá o seu dereito e a Sociedade Mixta de Turismo procederá á entrega do premio a un suplente.

    Os premios dos bonos turísticos para os clientes da presente promoción en ningún caso poderán ser obxecto de troco, alteración ou compensación a petición do gañador do seu importe en metálico nin por outros servizos distintos.

    En ningún caso a Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol farase responsable dos gastos de desprazamento do gañador e o seu acompañante ao lugar onde debe gozar o premio. Tamén queda exenta de calquera responsabilidade polos danos derivados do uso e goce do premio que puidesen sufrir os premidados ou terceiros e non será responsable das incidencias derivadas na execución da presente promoción por causas de forza maior.

  15. O Concello de Ferrol realizará promoción do evento mediante notas de prensa aos medios ou rodas de prensa. Tamén creará un sitio web específico do Tapéate Ferrol 2018.
  16. A Sociedade Mixta de Turismo encargarase da promoción do Tapéate nas principais redes sociais e costeará o importe total dos premios de Tapéate Ferrol 2018.
  17. En cumprimento da Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a organización informa de que unha vez concluído o evento Tapéate Ferrol 201, a Asociación de Empresarios de Hostalaría, comprométese a destruír todos os datos de contacto dos clientes participantes no sorteo dos bonos turísticos, así como os datos dos locais rexistrados no concurso a través das fichas de inscrición. Ningún dato persoal, nin de clientes nin de locais de hostalaría será utilizado pola organización para ningún outro fin distinto ao evento gastronómico Tapéate Ferrol 2018.
  18. A participación na devandita promoción supón a aceptación das presentes bases, así como a aceptación do criterio que establezcan os organizadores para resolver cantas cuestións se deriven deste.
MÁIS INFORMACIÓN
  • Asociación de Empresarios de Hostalaría de Ferrol e Comarcas, no teléfono 981 350 892, no enderezo rúa Real 73-75, 2º Dta. 15402 Ferrol. Email: luisabarro@hosteferrol.org
  • Sociedade Mixta de Turismo de Ferrol, no teléfono 981 944 274, no Concello de Ferrol, planta baixa. 15402 Ferrol. Email: mlopezturismo@ferrol.es