|
“Ferrol punto de emprego” é un proxecto que depende da Concellería de Promoción Económica e Emprego do Concello de Ferrol, cofinanciado polo Fondo Social Europeo nun 80%.
O proxecto está enmarcado na Convocatoria 2007 de axudas do Fondo Social Europeo durante o período de intervención 2007-2013, axudas dirixidas a mellorar a calidade de vida, contribuír á creación de emprego, ao desenvolvemento económico e a á cohesión económica e social do ámbito local, de conformidade coas estratexias e políticas de emprego e solidariedade que marca a Unión Europea.
|