Consulta a diario toda a información de praias

O Concello de Ferrol vén de por en marcha un servizo de información diaria sobre o estado das praias da cidade. A través desta canle o usuario terá acceso á información que actualiza directamente o servizo de socorrismo e, polo tanto, poderase consultar en tempo real a situación meteorolóxica nos nove areais nos que desenvolven a súa actividade.

Esta información compártese a través das redes sociais do Concello de Ferrol e de Protección Civil, ademáis de pola conta de whastapp do concello (número 608736834, para activar dito canal é preciso remitir unha mensaxe co nome e apelidos do usuario).

A información detallada praia a praia pódese consultar neste enlace.

O primeiro parte notifícase co inicio do servizo e a partir de aí actualizarase tantas veces como as condicións o requiran. Así os usuarios poderán consultar en todo momento dende as bandeiras que ondean, ata a forza do vento ou o estado do ceo.

No caso de Doniños, un dos areais con maior afluencia, tamén xa está a disposición dos usuarios un vídeo explicativo coas correntes e aspectos relevantes de seguridade a ter en conta á hora de visitar a citada praia.

Por outra banda, mantense activo o teléfono de emerxencias e información no número 981-320-000.



Que é bandeira azul?

Bandeira Azul é un galardón anual e un sistema de certificación da calidade ambiental desenvolvido pola FEE desde 1987. Promove e premia a participación en iniciativas ambientais voluntarias das autoridades municipais, a poboación local e visitante e os axentes do sector do turismo. Os criterios para obter la Bandeira Azul agrúpanse en catro áreas: Calidade das aguas de baño, Información e educación ambiental, Xestión ambiental e Seguridade, servizos e instalacións.

A Bandeira Azul é concedida por un Xurado Internacional, presidido pola FEE e participación, entre outros, das Axencias de N.N.U.U. para o Medioambiente e o Turismo, entre as candidaturas seleccionadas polos Xurados Nacionais. No Xurado para España, presidido por ADEAC, participan as CCAA litorais, a FEMP e os Ministerios, Fundacións e Universidades implicadas.

Praias con bandeira azul

 

#BlueFlagMedWeek

Praias sen fume

No ano 2012 o Concello de Baiona puso en marcha unha campaña para a poboación co fin de promover que non se fumara nas súas praias. Así naceu “Praias sen fume”.

O “Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco” da Dirección xeral de saúde pública recolle esta iniciativa co fin de estendela por todo o litoral galego, creando a “Rede galega de praias sen fume”.

“Praias sen Fume” non ten un fin recadatorio, senón educativo, de promoción da saúde e de proteción do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.

A Fragata e Esmelle, praias sen fume do Concello de Ferrol neste verán 2022.


Correntes e zonas de baño



Comportamentos de seguridade nas praias

  • Antes de bañarte, mesmo antes de pór a toalla na area, infórmate a través dos servizos de socorrismo da situación do mar, correntes, rompentes e de até onde sobe a marea, para saber onde e como debes bañarte. Se hai ondas sempre haberá unha corrente, e canto máis grandes sexan as ondas maior será a forza da corrente.
  • Se non hai servizos de socorrismo olla durante un tempo o mar e tenta identificar as zonas de corrente, as rompentes e os límites das mareas, tamén podes preguntar aos surfeiros habituais da praia.
  • Tenta non bañarte só e avisa SEMPRE aos que estean contigo ou ao teu ao redor de que che vas bañar e onde o vas a facer.
  • Se bañándote te leva unha corrente tenta non entrar en pánico e NUNCA gastes a túa forza remando contra corrente, cansaraste e a corrente nunca se cansa de sacar auga.
  • Mantente a flote e move os teus brazos pedindo axuda.
  • As correntes teñen un punto no que deixan de arrastrarte, se chegas a ese punto podes tentar achegarte a unha rompente e as ondas acabarante empuxando, ou se non te ves capaz de facelo mantente a flote ata que alguén veña a axudarte.

Prohibición presenza animais na praia na tempada de baño

 

Sabes por que as dunas son importantes?

 

¿Que son e que facer cos residuos de aparatos eléctricos e electrónicos (RAEE) e os residuos de pilas e acumuladores (RPA)?

 

Especies máis perigosas