No ano 2012 o Concello de Baiona puso en marcha unha campaña para a poboación co fin de promover que non se fumara nas súas praias. Así naceu “Praias sen fume”.
O “Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco” da Dirección xeral de saúde pública recolle esta iniciativa co fin de estendela por todo o litoral galego, creando a “Rede galega de praias sen fume”.
“Praias sen Fume” non ten un fin recadatorio, senón educativo, de promoción da saúde e de proteción do medio ambiente, sendo o seu cumprimento voluntario.
A Fragata e Esmelle, praias sen fume do Concello de Ferrol neste verán 2019