"O porto ideal da Ilustración"

Candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial

Castelo de San Felipe

Defensas Costeiras

Candidatura de Ferrol de la Ilustración a Patrimonio Mundial

Antecedentes

A Real Academia de Bellas Artes “Nuestra Señora del Rosario” presenta ao Concello de Ferrol o 24 de febreiro de 2001 unha iniciativa para propor á Xunta de Galicia a inclusión do “Arsenal e os Castelos da Ría de Ferrol” na Lista Indicativa Española para a Declaración de Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Na reunión do Consello Nacional do Patrimonio Español celebrada o 30 de xuño de 2006 en Pamplona aprobouse a inclusión de “Ferrol da Ilustración” na Lista indicativa Española para a Declaración de Patrimonio Mundial.

O Ministerio de Cultura elevou esta proposta á UNESCO, que incluíu “Ferrol da Ilustración” na Lista Indicativa do Patrimonio Mundial o 27 de abril de 2007.

“FERROL DA ILUSTRACIÓN”

O “Ferrol da Ilustración” é un conxunto patrimonial histórico, é decir, unha agrupación de bens culturais que comparten unidade no espazo, tempo de construcción e formas estéticas.

A unidade no espazo correspóndese co concepto de porto de mar, polo valor instrumental tanto da Ría de Ferrol como do seu entorno cercano e do sistema portuario ao que pertence.

O patrimonio inmoble conservado clasifícase en subconxuntos funcionais que agrupan as diferentes construccións:

  • - Porto Natural: el enclave geoestratégico de la Ría y sus accesos
  • - Arsenal Militar
  • - Arsenal Civil (A Cabana)
  • - Defensas Costeiras
  • - Cidade-Praza

Este patrimonio inclúe tamén bens mobles (documentos, bibliografía, obxectos artísticos, pertrechos, armas…) que actúan como complemento dos bens inmobles, así coma un importante patrimonio inmaterial.

A unidade no tempo concrétase nun proceso de deseño e execución material das obras relativamente curto. Tendo en conta a súa antigüidade e a súa evolución tipolóxica amósase precisamente como un produto xenuino e representativo da Ilustración, sendo unha creación totalmente nova, crisol das experiencias de Europa e América. O conxunto patrimonial de Ferrol realizouse entre 1730 e 1780, ainda que algunhas obras alongáronse ata mediados do século XIX.

A unidade das formas estéticas, incluíndo todos os valores funcionais, científicos e tecnolóxicos, apréciase nas formas das construccións e na ordenación dos espazos, que son o produto lóxico do academicismo, fundamentados en modelos clasicistas.

Valor excepcional-universal do Conxunto

O Conxunto de bens culturais que conforman a Candidatura de Ferrol da Ilustración a Patrimonio Mundial debe xustificar o valor excepcional-universal do mesmo e cumprir os catro criterios da UNESCO.

Criterio I: É obra maestra do xenio creador humán na época da súa construcción: obsesión pola orde académica para obter a máxima utilidade executada de xeito científico.

Criterio II: Da fe do intercambio de influencias: no ámbito das enxeñerías e a arquitectura, non somentes co resto de España, senón cos países máis avanzados de Europa e as experiencias nas colonias, durante todo o século XVIII e XIX.

Criterio III: É testemuña única polo grao de perfección acadado na súa realización do porto ideal ilustrado, dada a súa construcción sen condicionantes previos: traza xeométrica e obra hidráulica.

Criterio IV: É exemplo eminentemente representativo das enxeñerías e arquitecturas do século XVIII na súa máis perfecta expresión do academicismo pola aplicación matemática en todas as tecnoloxías da súa época.

Ademáis, o conxunto presenta unha boa conservación que se aprecia nos seguintes conceptos:

  • - Autenticidade na súa forma (o deseño e os materiais), funcións e ata as tradicións.
  • - Integridade, tanto no conxunto dos bens coma na maioría das construccións, cunha alta porcentaxe orixinal conservada.

Ambos conceptos pódense corroborar coa enorme cantidade de documentación histórica do seu deseño e construcción que se conserva.