Co título "Ciudad de Ferrol. Puerto de la Ilustración" a nosa cidade presentará a súa candidatura en 2018 a formar parte da Lista de Patrimonio Mundial da UNESCO. Consideramos que o cumprimento dos criterios que de seguido enumeramos fan da nosa unha candidatura solidamente fundamentada:

  • Criterio (I): Representa unha obra de arte do xenio creador humano.
  • Criterio (II). Certifica un intercambio de influencias considerable, durante un período concreto ou nunha área cultural ou determinada, nos ámbitos da arquitectura ou a tecnoloxía, as artes monumentais, a planificación urbana ou a creación de paisaxes.
  • Criterio (III): Achega unha testemuña única ou polo menos excepcional, sobre unha tradición cultural ou unha civilización viva ou desaparecida.
  • Criterio (IV). Constitúe un exemplo eminentemente representativo dun tipo de construción ou de conxunto arquitectónico ou tecnolóxico, ou de paisaxe que ilustra un ou varios períodos significativos da historia humana.

Descarga aquí o documento de traballo da candidatura "Ciudad de Ferrol. Puerto de la Ilustración".


 
  Ferrol Candidatura a Patrimonio Mundial