Portada

No ano 2007 a Xunta de Galicia, Vicepresidencia de Igualdade e Benestar, crea a Rede Galega de Locais de Ensaio para a Xuventude. O obxectivo é ofrecer á mocidade galega espazos axeitados para a expresión das súas manifestacións artísticas musicais, espazos que fomenten o estudo e a produción musical de forma gratuita e en condicións de igualdade para toda a xuventude. De xeito máis amplo perséguese a creación de dinámicas de intercambio e cooperación entre grupos, a difusión das súas actividades, así como facilitar a difusión cultural.
Os Locais de Ensaio de Ferrol créanse no ano 2010. A actual proposta de xestión, a cargo de A Escola da Vaca de Ensino Musical dende xullo de 2012, plantéxase de xéneros, estilos e tendencias .Trátase de crear e xestionar un espazo onde as formacións locais atopen o estímulo e o apoio para poder desenvolver a súa actividade, a través dos principios de orixinalidade, creatividade e calidade. Outra carácterística da proposta é a adaptabilidade do servizo ás necesidades formativas e de apoio de cada un dos grupos usuarios dos Locais de Ensaio
locais_de_ensaio001003.jpg
2013 © A Escola da Vaca, S.L. - Rúa Dolores 81 Baixo - 15401 Ferrol
Teléfono: 981 36 40 38 - Email: aescoladavaca@gmail.com
locais_de_ensaio001002.jpg
Locáis de ensaio do Concello de Ferrol