Condicións xerais reguladoras do acceso e utilización do servizo
Constitúe o obxecto do presente documento a regulación xeral das condicións de uso do servizo de préstamo de Bicicletas que se atopa implantado no Concello de Ferrol, e a través do calos usuarios poderán retirar unha bicicleta para a súa utilización, e debendo depositala tralo seu uso nunha das estacións destinadas ó efecto.
Os puntos de préstamo inicialmente establecidos son:
O horario de funcioanamento inicialmente establecido é:
Non obstante o anterior, o Concello se reserva a facultade de aumentar ou diminuír os puntos de préstamo e os horarios de utilización, dando suficiente publicidade ás medidas adoptadas.
O usuario é o único responsable dos danos causados a sí mesmo ou a terceiras persoas ou a calquera ben, moble ou inmoble, pola utilización ou uso normal ou anormal do servizo de préstamo de bicicletas.
Declaración de alta como usuario
Os interesados na contratación do servizo deberán, previamente á súa utilización, darse de alta como usuario; a tal efecto deberán cumplimentar o procedemento de inscripción, aportando:
Unha vez cumprimentado o procedemento, se lle facilitará ao usuario unha tarxeta identificativa de acceso o servizo, considerándose, nese momento, a alta efectiva do usuario no sistema.
A tarxeta de acceso ten carácter persoal e intransferible e terá unha validez de seis meses. Transcorrido este prazo, os usuarios deberán proceder á súa renovación.
O Concello poderá modificar en calquera momento as condicións de acceso, así como introducir modalidades de aboamento.
O usuario comprométese á conservación e bo uso da tarxeta. Para os supostos de extravío ou rotura, e/ou solicitude dun duplicado, o custo de emisión da nova tarxeta deberá ser soportado polo usuario.
Queda expresamente excluída a posibilidade de dar de alta no Servizo como Usuarios a todo tipo de persoas xurídicas.
Baixa do servizo
Os usuarios poderán darse de baixa no servizo:
A baixa do servizo terá como consecuencia a perda de tódolos dereitos, debendo, caso de estar novamente interesado, darse de alta como se dun novo usuario se tratara.
Utilización do servizo
O usuario terá acceso á utilización do servizo mediante o uso da tarxeta de identificación. Cada novo uso das bicicletas supón a aceptación das normas establecidas.
Tarifas
Aínda que nun principio o servizo establécese como gratuíto, tralos estudos de implantación se establecerán, por parte do Concello, as tarifas a aplicar polo servizo, que, trala preceptiva aprobación, serán os que se atopen vixentes en cada momento.
Declaración responsable
O usuario, declara ser maior de idade, ou menor autorizado, coñecer a normativa vixente sobre tráfico e condución de vehículos e estar capacitado para a condución de bicicletas. Os menores de idade, maiores de 16 años, poderán darse de alta no servizo mediante a cumprimentación do proceso de inscrición referido,.e aportando, ademais, a autorización expresa e declaración de asunción de responsabilidades, de algún dos seus pais ou titores utilizando, para iso, o modelo de inscrición expresamente realizado para este caso.
Queda expresamente prohibida a alta e utilización do servizo a menores de 16 años.
Dereitos dos usuarios
Os usuarios adquiren, mediante a inclusión no servizo, o dereito á utilización do mesmo nas condicións e coas limitacións que se establecen neste propio documento.
O usuario disporá de bicicletas en perfecto estado de uso e funcionamento.
Para calquera reclamación sobre as condicións e circunstancias que afecten á prestación do servizo, o usuario poderá dirixirse ó Xestor do servizo mediante o teléfono de atención ó usuario. O xestor do sistema responderá á consulta e/ou reclamación nun plazo inferior a 15 días naturais posteriores á comunicación.
Obrigas do usuario
O usuario comprométese, en cada ocasión en que se utilice o servizo a:
O usuario, ó tempo de retirar a bicicleta para o seu uso, obrígase a:
Limitacións ó uso
Tratamiento confidencial dos datos
A política de protección de datos do xestor do sistema, acóllese ó marco legal que dicta a lei ordinaria 15/1999 de 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal.
O xestor comprométese á non utilización dos datos incorporados os arquivos xenerados no sistema máis alá do propio uso derivado da prestación do servizo e comunicacións comerciais entre o prestatario do Servizo e mailo usuario.
Calquera usuario, poderá solicitar, en calquera instante, modificar os datos obrantes nos arquivos ou causar baixa como usuario do Servizo, así como causar baixa nos arquivos ligados ó mesmo.
Finalmente, infórmase que poderán exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición dirixiendo un escrito, xunto coa fotocopia do DNI ou documento oficial que acredite a identidade do interesado, ó xestor do sistema, nas oficinas de atención ó usuario.