Actualidade

Desde Ferrol con lingua queremos destacar as actividades máis relevantes, atractivas ou salientables para a promoción da lingua en Ferrol.

Exposición do XI Certame de Poesía e Imaxe

Quendas das visitas para a Exposición do XI Certame de Poesía a Imaxe. Curso  2010-2011.

A exposición que viaxa polos Centros de Ensino!

En galego de película 2011

De novo  presentamos  o ciclo de cine, En galego de película,  para as alumnas e os alumnos dos centros de ensino non universitario, organizado desde o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol  en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A inscrición pódese efectuar desde o 21 de novembro ao 2 de decembro de 2011. Por correo electrónico no enderezo gnl@ferrol.es, por teléfono no 981 944 014/ 981 944 000 ext. 202 e  persoalmente no Departamento de Participación Cidadá e Normalización Lingüística, Casa do Concello, (1ª planta) en horario de oficina, de 08.30 a 14.00 de luns a venres. Para calquera inscrición debemos agardar confirmación.

Desenvolverase nas salas do Cine Duplex  os días, 15, 16, 19 e 20  de decembro de 2011. As películas que se proxectarán, con dous pases cada día para os distintos niveis,  son

  • A tropa de trapo , recomendada para o alumnado de  educación infantil e 1º ciclo e 2º ciclo de educación primaria,  (duración 85 min),  xoves 15, e venres 16, luns 19 e martes 20   de decembro.
  • Pradolongo, dirixida ao alumnado da ESO, xoves 15 e venres 16 de decembro (duración 100 minutos).
  • Crebinsky, recomendada   dirixida ao alumnado de  4º da ESO,  de bacharelato e ciclos formativos (duración 90 min) luns 19 e martes 20 de decembro.

 

Que dis comercio, que dis hostalaría

Desde o comercio e a hostalaría de Ferrol facemos unha aposta pola atención en galego.

Se ti queres, nós atendémoste en galego.

É o teu dereito, é para nós un pracer.

Esta iniciativa está aberta a todos os establecementos da cidade.

Se desexades sumarvos escribídenos a gnl@ferrol.es.

 

As receitas gañadoras do II Concurso de Receitas 2011

O xurado, tras unha difícil selección,  acordou que as catro receitas gañadoras desta nova edición. 

Modalidade de carne: Empanada de polo e arroz, de Aurora Varela Caabeiro (Ferrol)
Modalidade de peixe: Bacallau con mazás, de Reyes Rosas Alonso (Ferrol)
Modalidade de outros: Macedonia de legumes ao queixo, de Sonia Rodríguez Varela (Ferrol)
Modalidade de sobremesa: Brazo de xitano con filloas, de Angeles Teijeiro García (Fene)

Podes descargar o libro de receitas En galego con moito gusto con todas as que se presentaron ao concurso.

 

O campeón do mundo Javier Gómez Noya fala con nós

En Ferrol fálase é un apartado no que imos colgando entrevistas de persoas que falan da lingua en Ferrol. Cooperamos con eufalo.tv e agradecémoslles desde aquí a súa existencia xa que dan moita vida ao mundo da lingua a traveś da súa canle. Parabéns pola iniciativa!!

 

Descargar a Ordenanza municipal de normalización lingüística do Concello de Ferrol.